Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ACCIDENTES TRÁFICO
A FGC inicia unha campaña de recompilación de datos de accidentes de tráfico con especies de caza maior
22/10/2014

A Federación Galega de Caza, a proposta de diversas sociedades da provincia de Pontevedra, ven de poñer en marcha unha campaña de recollida de datos de accidentes producidos por especies de caza maior, a través dun formulario que estará disposición de tódolos Tecores de Galicia.

O obxecto deste formulario é poder recadar información importante sobre os puntos das nosas estradas onde teñen lugar máis sinistros de tráfico, as horas e o tipo de especie para transmitirllo ás autoridades competentes en materia de tráfico, e así colaborar con elas para poder mitigar os sinistros mediante a sinalización correcta dos puntos conflitivos, instalacións de pasos para fauna, e ó mesmo tempo poder introducir outros métodos de carácter disuasorio.

O formulario pódese descargar nesta mesma páxina web e, unha vez cumprimentado, débese facer chegar a calquera das oficinas da Federación Galega de Caza, que recompilará os datos e farallos chegar ás autoridades competentes.

Descargar formulario en formato .DOC (Word)

Descargar formulario en formado .PDF (Adobe)

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
05/12/2023
Aprobación de todos os puntos da Asemblea Xeral e acto de entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación 2023

ASEMBLEA XERAL DA FGC
22/11/2023
Asemblea Xeral da FGC e entrega de Diplomas Cursos de Formación 2023

FOMENTO E PROMOCIÓN DA CAZA
07/11/2023
A formación e fomento da caza foron puntos de encontro entre a Dirección Xeral de Patrimonio Natural e a FGC

O LOBO
05/09/2023
Lobos en Europa


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza