Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AGILITY
Disputadas a terceira e cuarta proba da Liga Autonómica
23/10/2014

A fin de semana do 18 e 19 de outubro tivo lugar en Teo (A Coruña) a 3ª e 4ª proba da Liga Autonómica de Agility da Federación Galega de Agility. A proba organizouna o club de Agility Teocan e nela participaron 40 cans cada día cos seguintes resultados:

Sábado:

Grao 1, categoría estándar quedou en primeiro lugar Roberto Maio con Gala, en segundo lugar Lucía Cayazo con Baxter e en terceiro Juan Samperio con Candela, todos eles de Agility Coruña.  En categoría midi-mini o gañador foi Marco Álvarez con Lola e o segundo foi Mika de Silvia Doce, ambos de Agility Coruña. En terceiro lugar quedou Bruno Otero con Polaris de Agility Patas.
 
Grao 2, categoría estándar: o gañador foi Serafín López con Lúa de Teocan, en segundo lugar quedou Rosa Méndez con Bobi e en terceiro Alba Alonso con Moira, ambas de Agility Compostela. En categoría midi-mini gañou Alba Alonso con Misha de Agility Compostela, en segundo lugar quedou Adrián Choren con Fiona de Teocan e en terceiro Sergio Sánchez con Dali, de Agility Patas.

Grao 3, categoría estándar: o gañador foi Julio Freire con Chika de Agility Patas, en segundo lugar quedou Carlos Souto con Indi, de Teocan e en terceiro lugar Silvia López con Cata de Agility Compostela. En categoría midi-mini o gañador foi Carlos Souto con Hachi, de Teocan, en segundo lugar quedou Violeta Pereira con Romi e en terceiro lugar Julio Freire con Peka, ambos de Agility Patas.

Domingo:

Grao 1, categoría estándar quedou en primeiro lugar Juan Samperio con Candela, en segundo lugar Roberto Maio con Gala, ambos de Agility Coruña e, en terceiro lugar, Silvia López con Apu, de Agility Compostela. En categoría midi-mini: o gañador foi Marco Álvarez con Lola, de Agility Coruña, o segundo foi Carla Buela con Dober e o terceiro Miguel Buela con Chicho, ambos de Teocan. 

Grao 2, categoría estándar: a gañadora foi Alba Alonso con Moira, de Agility Compostela, en segundo lugar quedou Serafín López con Lúa de Teocan e, en terceiro lugar Fernando Cardeña con Zoe, de Agility Coruña. En categoría midi-mini gañou Alba Alonso con Misha de Agility Compostela, en segundo lugar quedou Sergio Sánchez con Dali, de Agility Patas e en terceiro Adrián Choren con Fiona de Teocan.

Grao 3, categoría estándar: o gañador foi Jorge Vázquez con Modia, de Agility Compostela, en segundo lugar quedou Alberto Costas con Rasca, de Wican, e en terceiro lugar Fernando Estevez con Pepa de Agility Compostela. En categoría midi-mini o gañador foi  Julio Freire con Peka, de Agility Patas, en segundo lugar quedou Carlos Souto con Hachi, de Teocan e en terceiro lugar Violeta Pereira con Romi de Agility Patas.

Os xuíces das probas foron Jorge Ramos e Jorge Vázquez para grao 1. Félix Fernández Traseira xulgou o grao 2 e grao 3.

Ao rematar a proba oficial, o club organizou unha proba de grao 0, na que participaron cans que están empezando a facer Agility, ou que aínda non teñen a idade regulamentaria para competir en probas oficiais. Inscribíronse nesta proba 32 cans.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza