Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RECTIFICACIÓN
A FGC reclama unha rectificación da TVG por dar a entender nun dos seus programas que en Galicia tan só hai unha muller cazadora
31/10/2014

Ante a emisión do magacín da Televisión de Galicia “Boas Tardes”, do pasado 28 de outubro, onde se entrevistaba á cazadora galega, e membro da xunta directiva da FGC na Coruña, María Pedreira, e na cal que se repetía en reiteradas ocasións que se trataba da “unica muller cazadora Galega”, a Federación Galega de Caza solicítalle á TVG, en nome de tódalas cazadoras galegas, que con carácter inmediato rectifique neste mesmo espazo da súa programación e onde considere oportuno, este inmenso erro, que pon de relevo o descoñecemento que sobre a caza teñen os medios de comunicación xeneralistas.

Rematada a entrevista, unha colaboradora do programa congratulouse desta escaseza de mulleres na caza, afirmando que non hai máis porque  “teñen unha especial sensibilidade”, dando a entender que quizais os cazadores están faltos de sensibilidade.

En Galicia, onde contamos con arredor de 50.000 cazadores, son preto de mil as mulleres afeccionadas á caza, tanto a maior como a menor, sendo esta unha actividade que, como tantas outras tradicionalmente ligadas aos homes, veñen de incorporar progresivamente, pero sen pausa, máis e máis mulleres.

Esta crecente presenza feminina non é so palpable nas xornadas de caza, senón tamén noutros ámbitos da vida cinexética, como as sociedades de caza, que cada vez contan con mais presidentas e outros cargos directivos ocupados por mulleres, ou a propia Federación Galega de Caza, onde cada vez é mais habitual ver a mulleres ocupar postos nas súas xuntas directivas e asembleas. Pero sobre todo as mulleres teñen grande presenza na competición, onde en Galicia contamos con excelentes deportistas, moitas delas campioas de España en diversas disciplinas.

Son moitas, polo tanto, as mulleres afeccionadas ao deporte cinexético as que se sentiron indignadas e ofendidas trala emisión deste espazo, e moitas delas xa lle transmitiron a FGC este malestar.

María Pedreira non é mais que un exemplo –excelente iso si-  de cómo mulleres de tódalas idades se senten atraídas polo mundo da caza, no cal se introduciu, como ven explica na propia entrevista, grazas ao seu pai, que ignorou os estereotipos e transmitiulle a súa paixón pola caza á súa filla.

Probablemente contaríamos con moitas máis mulleres cazadoras en Galicia se os prexuízos, que se fan patentes en sentencias tan afastadas da realidade como as que se facían no propio espazo da TVG, se disipasen e se entendese a caza como o que é: unha actividade apta para tódalas idades, sexos e clases.

O vídeo correspondente a este espazo pódese visualizar na seguinte ligazón, estando a reportaxe denunciada a partir do minuto 1:11:25

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza