30 de novembro de -0001
ARCEAS OURENSE

Artemio Formoso é o campión provincial

Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas

O pasado sábado 15 de novembro disputouse no Tecor Os Blancos, unha edición máis do Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

Ao igual que aconteceu noutros provinciais da especialidade, a climatoloxía e a falta de arceas fixo que os 9 cazadores que tomaron saída nesta edición da fase provincial cobraran e avistaran poucas arceas.

Foi o cazador Artemio Formoso Barro o que se fixo co primeiro posto con 500 puntos converténdose no Campión Provincial de Ourense deste 2014 ao aportar unha arcea o control. A sorte fixo que o subcampionato era para José Luis Mendez Tesouro e o terceiro posto recaía nas mans de Abel Andrés Otero.

Artemio Formoso Barro, José Luis Méndez Tesouro, Rosendo Ríos Domínguez e José Carlos Otero Pérez conformarán a representación de Ourense para o vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.