Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ELECCIÓNS 2014
Conclúe a xornada de votacións á Asemblea da FGC en Lugo e Pontevedra
5/12/2014

No día de hoxe a Federación Galega de Caza ten unha cita coa democracia: 5362 deportistas federados e 120 sociedades de caza federadas están chamadas ás urnas na provincia de Lugo, mentres que 5857 deportistas, 57 xuíces e árbitros e 89 sociedades poderán facer o propio pola provincia de Pontevedra. A Coruña evitaba a xornada de eleccións in extremis trala renuncia de diversas candidaturas nos estamentos de deportistas, xuíces e árbitros, e sociedades, mentres que Ourense non necesitaba celebrar xornada de votacións ao non superar as candidaturas presentadas o número de prazas dispoñibles para esta provincia.

Así pois as mesas electorais de Lugo e Pontevedra constituíanse sen novidade ás 9.30h, dando comezo ás votacións as 10.00h.

A continuación iremos actualizando ao longo da xornada cos datos máis destacables desta xornada de votacións á Asemblea Xeral da FGC:


Primeiros votantes na mesa electoral de Pontevedra


Primeiros votantes na mesa electoral de Lugo



Seguen acudindo votantes á mesa electoral de Lugo


Seguen acudindo votantes á mesa electoral de Pontevedra


IMPORTANTE: as mesas electorais pecharán ás 14.00h e abrirán de novo ás 15.00h


Actualización 14.00h

Moi igualada a participación nas dúas mesas electorais, ambas superan os 100 votantes a esta hora.


Actualización 18.00h

Bo ambiente e normalidade marcan esta xornada de votacións. A participación segue moi igualada en ambas provincias, superando agora os 150 votantes en cada unha delas.


Afluencia e bo ambiente na mesa electoral de Lugo


Continúan chegando votantes á mesa electoral de Pontevedra


Representación feminina nas votacións de Lugo


Tamén hai representación feminina na mesa de Pontevedra


Actualización 19.00h

Peche das mesas electorais. Lugo remata a xornada con 131 votantes no estamento de deportistas e 37 no de sociedades. Pola súa parte, Pontevedra pecha con 140 votantes no estamento de deportistas, 20 no de xuíces e árbitros e 50 no de sociedades.

Comeza o escrutinio dos votos.


Actualización 19.45h

Remata o escrutinio en Lugo.

Descargar Acta de escrutinio Lugo

Segue o reconto na mesa electoral de Pontevedra.


Actualización 21.45h

Rematou o escrutinio en Pontevedra.

Descargar Acta de escrutinio Pontevedra

Complétase así a xornada de votacións á Asemblea Xeral da FGC, marcada pola normalidade e o bo ambiente en ambalas dúas mesas electorais que abriron no día de hoxe.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”

DISTINCIÓNS MÉRITO DEPORTIVO 2023
31/01/2024
Javier Nogueira e José Ángel Torres reciben as Distincións ao Mérito Deportivo 2023


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza