Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ELECCIÓNS
Javier Nogueira, Presidente da Federación Galega de Caza por outros catro anos
13/1/2015

O pasado 27 de decembro concluía o proceso electoral na Federación Galega de Caza, logo da proclamación da candidatura de Javier Nogueira Diz, completando así un proceso que alongou durante preto de tres meses.

Tralo respaldo unánime acadado polos membros electos da asemblea, a de Javier Nogueira foi a única candidatura presentada á Presidencia da Federación, o que pon de relevo a solidez que representa o proxecto de Nogueira para esta a súa segunda andanza como máximo responsable da Federación Galega de Caza, así como a confianza que o colectivo federativo ten depositada no de Moscoso.

Así pois o 5 de xaneiro era cando tiña lugar o traspaso de poderes entre José Luis Valcárcel, quen tomou o papel de Presidente da Comisión Xestora, e Javier Nogueira. Xa no día de onte, Nogueira nomeaba ao seu novo equipo directivo, onde hai caras novas e caras coñecidas respecto ao último, quedando formado do xeito seguinte:

VICEPRESIDENTE: DON JOSÉ LUIS VALCÁRCEL YÁÑEZ
   
DELEGADOS PROVINCIAIS:  
Presidente Provincial A Coruña:  DON MANUEL SAA CASARIEGO
Presidente Provincial Lugo: DON FRANCISCO LÓPEZ PENELA 
Presidente Provincial Ourense: DON ANTONIO GARCÍA REINOSO
Presidente Provincial Pontevedra:  DON FRANCISCO COUSELO CASTIÑEIRA
   
SECRETARIO XERAL: DON RAMÓN RODRÍGUEZ COBAS
   
TESOUREIRO:  DON ABEL ANDRÉS OTERO   
   
VOGAIS: DON JUAN ANGEL ALONSO PÉREZ
  DON MANUEL FEIJOO CASTRO   
  DON JOSÉ MANUEL VIDAL LAMELA 
  DON JOSÉ MARÍA ÁLVAREZ VILLAR 
  DON EMILIO BOLAÑO PAMPÍN   

Coma sempre a Xunta Executiva queda formada polo Presidente, o Secretario e o Tesoureiro da Federación, mais Nogueira afirmou que novamente os Presidentes Provinciais terán un papel protagonista nas xuntanzas e decisións deste órgano.

O novo equipo directivo reunirase por primeira vez de xeito inminente nas vindeiras semanas, xa que é primordial organizar a vindeira asemblea xeral, onde entre outros temas se decidirán os órganos técnicos da Federación, que completarán así a estrutura federativa para os vindeiros catro anos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza