DESESTIMADOS

Total transparencia e legalidade nas eleccións da FGC

O Comité Galego de Xustiza Deportiva, máximo órgano da xustiza deportiva Galega, desestima integramente os recursos presentados por Francisco Chan Méndez e Santiago Tosar González, contra o proceso electoral da devandita federación.

A devandita impugnación carecía de toda base xurídica, quedando acreditado que o proceso electoral foi absolutamente transparente, axustándose estritamente ao Regulamento Electoral aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Máis de 20.500 integrantes do censo de persoas físicas e entidades deportivas estaban convocados a este proceso electoral, resultando elixido Presidente o único candidato presentado, D. Javier Nogueira Diz, que afronta así a súa segunda lexislatura á fronte da Federación Galega de Caza, co apoio practicamente unánime da asemblea.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.