Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DEPORTE GALEGO
A UFEDEGA presenta a súa nova xunta directiva
21/4/2015

O pasado 17 de abril celebrábase en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA), organismo do que forma parte a Federación Galega de Caza.

A xuntanza comezaba cunha breve introdución do representante da Federación Galega de Balonmán, na que informaba que unicamente se presentou a candidatura proclamada, contra a que non se produciu ningunha impugnación.

A nova xunta directiva, encabezada por Isidoro Hornillos, Presidente da Federación Galega de Atletismo, conta tamén co Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, como vogal, entre os seus membros, e dela forma parte unha importante representación do deporte federado galego.

Hornillos expoñía os retos aos que se enfronta UFEDEGA nesta nova andaina, entre os que destacou como un dos máis importantes loitar polo recoñecemento da UFEDEGA na Lei do Deporte de Galicia, así como promocionar a Unión de Federacións Galegas como instrumento de unión e representación do deporte galego.

Como materia pendente deste organismo, queda a presentación ante tódalas institucións e partidos políticos, co fin de alcanzar o recoñecemento necesario para traballar en tódalas frontes posibles en favor do deporte en conxunto.

A Xunta Directiva da UFEDEGA queda composta do seguinte xeito:

Presidente  Isidoro Hornillos Baz Presidente da Federación Galega de Atletismo
Vicepresidente Gustavo Falqué Comesaña Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol 
Tesoureiro Mario Muzas Cobo Presidente da Federación Galega de Judo e D.A.
Secretario  Francisco Villanueva González Vicepresidente da Federación Galega de P.M. e Triatlón
Vocal Victor Manuel Maiztegui León Presidente da Federación Galega de Aeronáutica
Vocal Iván Corral Pérez Presidente da Federación Galega de Automovilismo
Vocal Francisco Martín Micó Presidente da Federación Galega de Baloncesto
Vocal José Luis Pérez Ouro Presidente da Federación Galega de Balonmán
Vocal Javier Nogueira Diz Presidente da Federación Galega de Caza
Vocal Juan Carlos Muñiz Nieto Presidente da Federación Galega de Ciclismo
Vocal Carmen Barro Pita Presidente da Federación Galega de Kárate e D.A.
Vocal Carlos Bremón Pérez Presidente da Federación Galega de Natación
Vocal Alberto Arufe Varela Presidente da Federación Galega de Orientación
Vocal Juan Carlos Eiriz López  Presidente da Federación Galega de Taekwondo
Vocal José Angel Luna Bargo Presidente da Federación Galega de Voleibol

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza