SEGUROS FEDERATIVOS

O Director Xerente de Mutuasport mantén unha xuntanza cos traballadores da FGC

Na xornada de onte o persoal da Federación Galega de Caza ao completo reuníase na sede de Santiago de Compostela cunha representación de Mutuasport, a Mutua dos cazadores federados, encabezada polo seu director xerente, Javier Vergés.

A motivo da xuntanza era informar aos traballadores dos novos proxectos, melloras e avances que a compañía está a facer tanto a nivel comercial, como de xestión e, sobre todo, en canto a promocións e servizos para o cazador federado. Nas vindeiras semanas informarase puntualmente a sociedades de caza e cazadores federados destas novidades, algunhas delas moi destacadas e que a bo seguro recibirán de moi bo grado.

Durante a xornada, o persoal da FGC aproveitou para facerlle chegar de primeira man a Vergés as inquedanzas e esixencias que os cazadores federados lle transmiten cada día en canto ás coberturas dos seus seguros e a xestión dos seus accidentes de caza. Vergés afirmou telas en conta de xeito inmediato e acordou mellorar todo o posible os servizos e coberturas dos produtos de Mutuasport.

Xuntanzas coma esta amosan a clara diferenza entre Mutuasport e o resto de aseguradoras, pois non existe outra compañía onde sexa o máximo dirixente quen se achegue a falar en persoa cos traballadores, e quen recolla en persoa e de primeira man as esixencias, críticas e ideas para mellorar os seus seguros de caza. Sen dúbida un dos grandes valores diferenzadores que teñen ao seu favor os cazadores federados.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.