Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL SALVAXE
O galego Ángel Luis Montero gañador de Ortigueira 2015
1/6/2015

VII Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe sen Morte

O pasado 30 de maio disputouse nos concellos de Ortigueira, Cedeira e Mañón, a VII Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe sen Morte, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña coa colaboración das Sociedades de Cazadores de Ortegal, Mañón e Cedeira.

Na proba participaron un total de 22 equipos con cadanseu lote de cans compostos por 6 cans e un ou dous condutores. Os equipos participantes chegaron dende a veciña Asturias, Cantabria, Navarra e Galicia. Destacar o interese que esperta esta proba que conleva un enorme peso organizativo no que nesta sétima edición interviñeron un total de 96 rastreadores que puxeron a disposición dos participantes rastros de xabaril nas 24 manchas dispoñibles, descartando, como é lóxico, os rastros de femias de xabaril seguido das súas crías.

Os participantes dispuxeron dun pequeno tempo para facer un achegamento previo a trela ou no seu caso o desbotar ese rastro e empregar outro facilitado pola organización. Unha vez feito dita comprobación, tería lugar a solta dos cans no que estes dispoñían de 2 horas para facer o achegamento, levante e persecución.

A proba foi, como en edicións anteriores, todo un éxito e os 22 xuíces encargados de xulgar a proba, contabilizaron un sen fin de levantes de xabaril e avistamentos que fixeron as ledicias do numeroso público que seguiu o discorrer desta proba. Un público que en cada edición achégase en maior número para gozar da calidade dos cans e monteiros que participan nesta proba pioneira e de referencia a nivel nacional.

Foi o lote do galego Ángel Luis Montero Toimil composto por “Tango, Sil, Onis, Trufa, Vicky e Pancho” o que acadaba o primeiro posto e se convertía no campión desta edición da Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe sen Morte. O lote do tamén galego Francisco García Fernández situábase en segunda posición cos cans “Dona, Tana, Rubio, Figo, Coco e Puntero” e xa no terceiro posto situábase o participante, tamén galego, Francisco Blanco Trobo con “Yuka, Thor, Pol, Yuka, Katy e Brus”. Estes foron os tres lotes que conformaron o pódium desta sétima edición, pero o resto da clasificación resultaba do seguinte xeito: 4º posición remataba Julio Ortiz Mato, en 5º lugar Alejandro Iglesias Rios, en 6º Sergio Prol Arcos, en 7ª Eduardo Pérez González, en 8º José Manuel Costa Pérez en 9º Alfonso Jardón Quintana  e en 10ª posición Bertín Pita Carballido.

O grifón de nome “Rambo” propiedade do galego Alfonso Jardón e o can “Trono” de José Manuel Costa Pérez, foron os cans premiados excluíndo os cans dos seis primeiros lotes clasificados.

Como novidade nesta edición, estivo presente o sistema localizador “Teleseguidor” a través do seu Director Comercial Paco Orejuela, mediante o cal se fixeron seguimentos de cans participantes dende o centro de control da organización, así como o sorteo entre os participantes e público dun kit teleseguidor cun receptor, colar e antena de vehículo e 3 chalecos protectores de kevlar para cans.

Un xantar de irmandade con 330 comensais entre participantes, xuíces, rastreadores, organización, público e autoridades puxo o punto e final a Ortigueira 2015 ao mesmo tempo que comezaban os traballos para Ortigueira 2016.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TIRADA COMBINADA BEARIZ
22/08/2019
Daniel Cebreiro gañador da tirada combinada en Beariz

SAN HUBERTO BETANZOS
20/08/2019
René Vale gañador do Trofeo Cidade de Betanzos

RASTRO DE XABARIL MESÓN DO VENTO
07/08/2019
Michael Otero con “Camarón” gañadores no Mesón do Vento

COPA GALICIA DE CANS DE PARADA
06/08/2019
“Berta de Vilar de Donas” de José María Carnota en Británicos e “Arco das Fontiñas” de Jaime Aneiros en Continentais, foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza