Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CUFADE
As Federacións Deportivas Autonómicas únense en toda España
19/6/2015

O próximo luns 22 de xullo terá lugar a constitución da Asociación de Unións de Federacións Autonómicas

O luns 22 de xullo, as Asociacións de Federacións Deportivas de sete Comunidades Autónomas, reuniranse en Madrid co obxecto de constituír de forma fidedigna a CONFEDERACIÓN DE UNIÓNS DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS DE ESPAÑA, a CUFADE.

Estarán presentes nos seus inicios, Galicia, País Vasco, Madrid, Aragón, Murcia, Castela e León e Andalucía. A reunión terá lugar nas instalacións do Club de Golf "El Olivar de la Hinojosa", no Campo das Nacións. Por parte de Galicia asistirá Isidoro Hornillos, presidente da UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas).

As últimas novidades lexislativas e procedimentais tocaron profunda e negativamente as estruturas do deporte desenvolvido no seo das Federacións Deportivas Autonómicas, é dicir, ao deporte de base. A licenza única, as relacións laborais de deportistas e monitores nas entidades de base e as reformas fiscais entre outras medidas, provocaron que, dende o pasado ano, as Federacións Deportivas Autonómicas estivesen a reunirse con asiduidade para sopesar esas novidades, e paliar na medida do posible as súas consecuencias.

Un dos acordos alcanzados foi a constitución desta Asociación, co obxecto de lexitimar unha entidade que represente e sexa voceiro das Federacións Deportivas Autonómicas ante a Administración central. É necesario defender o deporte de base cunha única voz, e que estea presente nas futuras reformas que se propoñan.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”

DISTINCIÓNS MÉRITO DEPORTIVO 2023
31/01/2024
Javier Nogueira e José Ángel Torres reciben as Distincións ao Mérito Deportivo 2023


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza