Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XUNTANZA
A FGC trasládalle á Conselleira de Medio Ambiente a preocupación dos cazadores pola posible prohibición da munición de chumbo
21/7/2015

Unha comitiva da Federación Galega de Caza encabezada polo seu Presidente, Javier Nogueira, e formada polos  vicepresidentes José Luis Valcárcel e Francisco López Penela e o Secretario Xeral Ramón Rodríguez, así como representantes das catro federacións provinciais, reuníase na tarde de onte coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e coa Directora Xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado.

A munición de chumbo, protagonista

O motivo fundamental desta xuntanza era trasladarlle á máxima responsable autonómica en materia medioambiental a preocupación do colectivo de cazadores galegos pola posible prohibición da munición de chumbo. O máximo mandatario da FGC levaba baixo o brazo un completo argumentario para defender a postura da Federación a este respecto, que é a dos cazadores aos que representa: unha oposición total ante unha medida totalmente precipitada.

A Federación Galega de Caza entende que a prohibición da munición de chumbo, máis aló da xa actual nas brañas, é totalmente precipitada, desinformada e carente dunha base científica sólida para ser levada a cabo.

Ademais, unha medida de tal magnitude non pode partir dun goberno autonómico, que contradiga totalmente as medidas e estándares a nivel europeo e mesmo mundial, procedentes de países con alta concienciación ecolóxica onde mesmo se están a reverter estas prohibicións.

Unha prohibición a nivel autonómico causaría un desaxuste lexislativo e pragmático, e un desequilibrio fatal para o cazador galego, que se vería nunha situación de illamento respecto ao resto do país, forzado a adquirir novas armas e novas municións, cun gasto netamente superior que o resto de cazadores nacionais e tendo que readaptar as súas necesidades cando se desprazase a cazar fóra da comunidade, algo moi habitual.

A recepción desta argumentación por parte da Conselleira foi positiva, mais tanto a Consellería como a Federación dan importancia esencial á resposta dos grupos parlamentarios.

Outros asuntos a debate

A carteira de asuntos da FGC levaba outros temas a tratar coa Conselleira, ademáis da munición de chumbo, como a licenza interautonómica, o regulamento de caza e unha serie de propostas de colaboración entre a Federación e a Consellería.

O Presidente da FGC interesouse pola situación da licenza interautonómica, un asunto que preocupa a ese máis do 27% de cazadores galegos que saen fóra de Galicia a practicar a súa afección. O seu prezo final, os prazos para a emisión definitiva, así como a forma e emisión e colaboración da FGC na mesma .

Por parte da Conselleira manifestouse que está todo preparado para que dende Galicia se poidan facer licencias interautonómicas para o comezo da tempada regular de caza na nosa comunidade, mais isto non quere dicir que se faga xa que non depende exclusivamente do goberno galego.

Pola súa banda, o regulamento de caza preocupa especialmente no eido federativo. A FGC quere participar na súa elaboración desde o principio, partindo dun borrador básico, e non atoparse cun documento xa pre-fabricado, cheo de trabas insalvables.

Finalmente, a comitiva da FGC repasou outros temas de interese para os cazadores como as repoboacións e aproveitamento de zonas afectadas por incendios, ou os períodos de adestramento e de descanso de pezas.

Ao remate da xuntanza o Presidente da FGC manifestaba o as boas sensacións da mesma, en xeral positivas.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza