Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS E MANDAS
A ONC traslada ao Ministerio de Agricultura as súas propostas sobre o transporte de cans de caza
27/7/2015

Os representantes dos cazadores denunciaron a disparidade de criterio sobre este tipo de normativa nas diferentes comunidades autónomas e solicitaron que a caza con manda (rehala) deixe de ser considerada "actividade económica".

O pasado 21 de xullo de 2015 varios representantes da Oficina Nacional da Caza, entre os que se atopa a Federación Galega de Caza, reuníronse co Ministerio de Agricultura para analizar os principais problemas dos cazadores españois á hora de transportar cans de caza. Os representantes da ONC denunciaron as difíciles situacións ás que se enfronta o sector como consecuencia da dispersión lexislativa existente nas diferentes comunidades españolas e, especialmente, os prexuízos derivados da interpretación que as diferentes autoridades fan desas normativas, especialmente no ámbito do transporte de mandas. Uns prexuízos que se traducen en cuantiosas e diversas sancións e aos que están expostos aqueles cazadores, de manda ou calquera modalidade, que pretenden trasladar seis cans ou máis cans en calquera parte de España.

Por outro lado, sinalaron que considerar á manda como "actividade económica" sen que exista un fundamento legal nin de feito para iso é un erro, máxime cando os criterios interpretativos do Ministerio de Traballo e a definición expresa da lexislación cinexética a clasifica como unha actividade "deportiva e de ocio". Por este motivo, a ONC solicitou que o encadramento legal do transporte dos cans de caza se faga sobre a base das súas condicións específicas, regulándoo segundo o criterio de proporcionalidade do risco sanitario e, por suposto, atendendo ao axeitado estado sanitario e ao benestar dos animais no transporte. Por todo iso, dende a ONC instaron ao MAGRAMA para que, á maior brevidade, unifique en todas as comunidades autónomas os criterios interpretativos da normativa de transporte de cans de caza, deixando de considerar a actividade cinexética como "económica" -especialmente a caza con manda-, e ao cazador como transportista profesional, por ser contrario a unha realidade social amplamente contrastada.

Os representantes do Ministerio, nun ambiente de cordialidade e colaboración, tomaron nota das propostas do sector cinexético e comprometéronse a realizar as xestións oportunas coas comunidades autónomas para clarificar o encadramento legal do transporte de cans de caza no noso país, co fin de que a aplicación da lexislación siga uns criterios uniformes e lóxicos, sobre a base de parámetros sanitarios e de benestar animal. Un labor para o que os representantes da ONC ofreceron todo o seu apoio co obxectivo de cooperar nun clima de entendemento mutuo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza