Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
REGULAMENTO DE ARMAS
Reunión coas Intervencións de Armas e Explosivos de Zona da Garda Civil para unificar criterios na aplicación do Regulamento de Armas
2025-09-26

Os cazadores galegos estiveron representados polo Presidente e o Secretario Xeral da Federación Galega de Caza

Representantes de todas as federacións autonómicas de caza e das respectivas Intervencións de Armas e Explosivos de Zona da Garda Civil (ICAEZ), mantiveron unha xornada conxunta de traballo co obxectivo de unificar criterios na aplicación do Regulamento de Armas e evitar interpretacións distintas nas diferentes comunidades autónomas.

O encontro, celebrado nas dependencias da Asociación Prol-Orfo da Garda Civil en Madrid, estivo dirixido polo coronel xefe do ICAE da Garda Civil, e asistido por Josep Escandell, presidente da Real Federación Española de Caza (RFEC), e serviu para abordar posibles solucións naquelas situacións previstas no Regulamento de Armas que, dando lugar a interpretación, son obxecto de controversia ou inseguridade xurídica dentro do colectivo cinexético.

Durante a xornada celebráronse varios foros de traballo temáticos, nos que interviñeron voces autorizadas das institucións representadas. En todas as intervencións púxose de manifesto a necesidade de traballar xuntos entre responsables do instituto armado e cazadores, destacando o carácter proactivo, construtivo e de colaboración da xornada de traballo, que permitiu avanzar en propostas de solución aos problemas detectados e na procura dun marco normativo máis claro e homoxéneo.

A clausura da xornada correu a cargo do coronel xefe do ICAE e do presidente da RFEC, que coincidiron en subliñar a importancia de manter este clima de diálogo e cooperación para garantir tanto a seguridade como o futuro da actividade cinexética en España, e que abriron a posibilidade a convenios de colaboración e mesas de traballo permanentes nas distintas temáticas.

A custodia das armas e a dixitalización, protagonistas do encontro

Na mesa 1 resaltouse a importancia da colaboración entre intervencións de armas e federacións de caza, especialmente en formación e comunicación. A mesa 2 abordou a regulación das instalacións de tiro, destacando a necesidade de protocolos claros que garantan seguridade xurídica en prácticas como tiradas sociais e calibración de armas.

A mesa 3 tratou as dúbidas sobre a custodia de armas, acordando a necesidade de directrices claras que faciliten o labor dos axentes. Na mesa 4 discutiuse a adaptación do regulamento ao contexto actual, con consenso sobre regular dispositivos auditivos e analizar ferramentas como o calibre .22, moderadores de son ou visores térmicos #ante novos retos cinexéticos.

Por último, sentáronse as bases para manter liñas de cooperación e traballo e así afrontar os principais desafíos expostos pola Intervención Central de Armas e Explosivos, relativos ás situacións de risco para a seguridade cidadá que se derivan da tenencia dunha gran cantidade de armas por usuario ou a proliferación das denominadas armas tácticas.

Pola súa banda, a RFEC priorizou avanzar na dixitalización e automatización da renovación da documentación na tenencia de armas, e a necesidade de facilitar a incorporación de novos cazadores e deportistas mediante a flexibilización das condicións nas que se accede por primeira vez ás armas nunha contorna segura.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSOS DE FORMACION FGC
2025-10-01
Comenzan os Cursos de Formación da FGC con máis de 250 cazadores inscritos

ORDE DE AXUDAS TERREOS QUEIMADOS
2025-09-10
A FGC ponse a disposición das Sociedades de Caza afectadas pola vaga de lumes

CURSOS FORMACION 2025
2025-09-05
Coa apertura da Escola de Caza a FGC aposta pola formación dos cazadores

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
2025-09-03
Comeza a campaña de censos de caza maior do Observatorio Cinexético


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza