Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RECOMENDACIÓNS DE SEGURIDADE
A precaución, unha constante en cada saída de caza
7/9/2015

Accidentes como o ocorrido este sábado na localidade de Arbo, en Pontevedra, na que un cazador resultaba ferido por un rebote de bala, lémbranos unha vez máis que a precaución debe ser unha constante en cada unha das saídas de caza.

Por iso, a FGC pide a tódolos cazadores galegos que extremen ao máximo as medidas de seguridade no exercicio da caza, e aproveita, unha vez máis, para lembrar as medidas de seguridade que deben adoptarse, xa que a seguridade na caza depende en gran medida das precaucións que cada un tome.

Recomendacións

  • Descargar as armas antes de manipulalas.
  • Respectar as normas de seguridade establecidas, con especial atención nos ganchos e monterías
  • Descargar la arma cando se salte un valado, un cercado, e mesmo ao atravesar un regato ou cando camiñemos por lugares con risco de esbarar ou caer.
  • Antes de efectuar o disparo comprobar que non se atopa ninguén dentro do campo de acción.
  • Disparar cara ao chan, e nunca por enriba da liña do monte.
  • Non disparar sen asegurarse previamente que se trata dunha peza de caza
  • Descargar as armas unha vez rematada a cacería
  • Dirixir os canos das armas cara ao chan ou ao ceo tanto ao cargalas como ao descargalas.
  • O uso de chalecos reflictantes ou roupa de cores vivas aumenta a visibilidade e proporciona seguridade.
  • No caso dos ganchos e monterías, as normas de seguridade mesmo deben ser máis estritas, si cabe, que na caza menor, por iso é sumamente importante sinalizar que se está a celebrar unha cacería, e acatar as ordes do responsable de cacería, que é a  persoa encargada de organizar os cazadores durante o seu desenvolvemento, cuxas instrucións deberán obedecer tódolos cazadores participantes.
  • Na caza maior, o uso de emisoras proporciona seguridade e facilita a colocación e localización de cazadores e cans

Decálogo da Seguridade na Caza

Descargar Decálogo da Seguridade na Caza

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE
02/02/2023
A nova Xunta Directiva da FGC destaca a importancia da actividade cinexético deportiva ante o Secretario Xeral para o Deporte

PRESIDENTE DA FGC
02/02/2023
“Pido unión e traballaremos para que a sociedade vexa aos cazadores tal e como somos”

FACE
26/01/2023
O presidente da FGC participou na reunión da xunta directiva da FACE celebrada en Dortmund

CURSO
16/01/2023
Segunda edición do curso de “Persoa Cazadora con Formación” a celebrar en Lugo o vindeiro 23 de febreiro


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza