Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MUNICIÓN SEN CHUMBO
Defender o uso do chumbo e presentar munición sen chumbo como negocio, un contrasentido
10/9/2015

Ante a vindeira presentación que realizarán en Galicia a Mesa Galega pola Caza, Azor Ambiental e a Real Federación Española de Caza dunha munición libre de chumbo, a Federación Galega de Caza desexa realizar as seguintes declaracións:

  • En primeiro lugar, dada a recente admisión a trámite dunha proposta do grupo político BNG para modificar a recente Lei de Caza de Galicia co fin de prohibir a munición con chumbo en todo o territorio galego, entendemos que se trata dun acto totalmente oportunista, realizado co único obxectivo de atraer a atención do cazador galego, probablemente con outros fins.
  • En segundo lugar, empregar unha munición sen chumbo non é a solución máis axeitada, como xa se argumentou no seu momento. A FGC ven de reunirse coa administración pública, e ten previsto reunirse cos diferentes grupos parlamentarios proximamente para debater este tema, que sen dúbida preocupa aos cazadores galegos, achegando a tódolos implicados os datos que a FGC xa manifestou no seu momento sobre o contraproducente de levar a cabo esta modificación, que son de índole tanto económica, como ambiental e mesmo social.
  • Por último, sinalar que a procura da munición alternativa non é unha situación novidosa, pois xa no ano 2008 se realizou unha presentación e mesmo unha proba de tiro con munición ecolóxica nunha competición de tiro realizada na Illa da Toxa. A investigación da munición ecolóxica foi financiada pola Real Federación Española de Caza e, polo tanto, con cartos aportados polos cazadores federados galegos, que non obstante rematou por revelarse como un novo fracaso do mandato de Andrés Gutiérrez, polo que esta presentación, respaldada pola propia RFEC -cuxo Presidente acaba de ser inhabilitado polo TAD, segundo informaba no día de onte a Axencia EFE- non parece estar avalada por unha entidade fiable.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza