Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MUNICIÓN DE CHUMBO
Reunión cos Grupos Parlamentarios
17/09/15

A Federación Galega de Caza comeza a rolda de contactos cos representantes dos diferentes grupos parlamentarios, co obxecto de para-la desfeita que suporía, para os cazadores galegos, prohibi-la caza con munición de chumbo fóra dos humedais (nos que xa está prohibido)  como se pretende a través dunha proposición de Lei do BNG que modificaría a actual Lei de Caza.

A proposición de Lei  foi tomada en consideración polo Parlamento de Galicia o 22 de xuño, e de inmediato a Federación Galega de Caza solicitou unha reunión con cadaún dos grupos parlamentarios para mostrarlle o desacordo dos preto de 50.000 cazadores galegos.

Onte, unha comisión federativa, integrada pola xunta executiva e os presidentes provinciais, reuníase con representantes do Grupo Parlamentario Popular, e nas próximas semanas farao cos representantes do PSdeG-PSOE, BNG, Grupo Mixto, e AGE, para informalos da posición dos cazadores galegos sobre esta medida, presentándolle argumentos sólidos avalados por un informe sobre as investigacións científicas realizadas en Galicia o cal conclúe que a presenza de munición de chumbo tanto no medio como nas especies silvestres é insignificante, polo que non xustifica tal prohibición, ao contrario, a fonte máis importante de chumbo non é precisamente a munición de caza.

Por outro lado, de seguir adiante esta proposta, Galicia sería a única rexión da CEE na que, sen darse a característica de ser un humidal a maior parte do seu territorio, prohibiría o uso deste metal, discriminando aos cazadores galegos respecto os do resto de  España e de Europa.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza