Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RAPOSO CORUÑA
O equipo “Raposeiros de San Mamed” foi o primeiro clasificado
11/1/2016

Campionato Provincial de Caza de Raposo de A Coruña

Organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña o pasado 9 de xaneiro desputábase unha das probas máis destacadas de dita Federación provincial polo número de cazadores que congrega. Nesta ocasión ata 440 cazadores se citaron neste Campionato Provincial de Caza de Raposo.

O mal tempo non amedrentou aos cazadores que gozaron dunha dura xornada de caza na que avistaron un total de 36 raposos e conseguiron abater 18.

Foi o equipo “Raposeiros de San Mamed” o que obtivo o título de Campión Provincial cun total de 1.000 puntos. Co mesmo número de puntos remaban os equipos “Raposeiros do Castro” e “O Axexo” en segunda e terceira posición respectivamente.

A estes tres primeiros clasificados acompañaraos o equipo “Bordeando” conformando a selección que representará A Coruña no vindeiro Campionato Galego de Caza de Raposo.

Durante a entrega de trofeos, tivo lugar unha emotiva homenaxe a Avelino Vázquez, xefe de cuadrilla os últimos anos de Os Raposeiros do Castro, segundos clasificados.

Un xantar de confraternidade e a entrega de trofeos por parte das autoridades alí presentes puxo o punto e final a esta edición provincial de Caza de Raposo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza