Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
UNHA PRACTICA ILLADA
A ONC condena e lamenta o abandono de cans de caza
3/2/2016

A Oficina Nacional de la Caza, la Conservación y el Desarrollo Rural (ONC), entidade da que forma parte a Federación Galega de Caza, condena enerxicamente o abandono ou malos tratos de cans procedentes da práctica cinexética, aínda que aclara que se trata dunha práctica illada dentro un sector que conta con ao redor dun millón de cazadores en España.

Ante as noticias xurdidas nas últimas datas ao redor dos abandonos de galgos, a ONC descarta que se trate de algo habitual no sector da caza, posto que, máis ben ao contrario, os cazadores son un dos sectores máis comprometidos co coidado dos animais en xeral e dos cans en particular. E é que os profesionais do sector son os primeiros responsables do coidado e adestramento dos seus cans, cos que se establece unha estreita relación ao longo dos anos.

Neste sentido, a ONC fai un chamamento á responsabilidade aos escasos individuos que poidan levar a cabo actuacións deste tipo, á vez que reclama medidas contundentes para que os autores das mesmas sexan castigados segundo a lexislación de malos tratos animais.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza