Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN XABARIL E SAN HUBERTO
Alta participación na II edición do Campionato Terra de Melide
18/4/2016

Probas Puntuables para a Copa Galicia das especialidades de Rastro de Xabaril e Caza San Huberto

A pasada fin de semana, o 16 e 17 de abril, o concello coruñés de Melide foi todo un referente cinexético pola disputa de probas puntuables para a Copa Galicia das especialidades de Caza San Huberto e Rastro de Xabaril. Unha segunda edición deste certame que se consolida como unha das grandes citas galegas no que a competición cinexética se refire.

Duplicándose o número de participantes nas diferentes disciplinas con respecto a primera edición, o número público e participantes desfrutaron dun intenso fin de semana competitivo, todo elo baixo a organización e colaboración do concello de Melide e a Federación Galega de Caza de A Coruña e co intenso e esencial esforzo e traballo levado a cabo por Antonio Méndez Romero.

Nun fermoso escenario disputábase a competición de San Huberto o sábado 16 de abril. Unha xornada na que a climatoloxía fixo preciso un esforzo dobre por parte dos 25 cazadores inscritos. O campión desta segunda edición foi Roberto Dopico Dopico co seu setter inglés macho de nome “Jef” cun total de 82 puntos. O segundo posto da clasificación xeral foi ocupado por Juan Carlos Arteche coa pointer femia “Lista” e un total de 75 puntos. Ramón Picallo Piñón acadou a medalla de bronce co setter inglés macho de nome “Risto” con 36 puntos.

Preto de 70 monteiros cos seus respectivos cans citáronse en Melide para competir e acadar os primeiros postos no rastrexo do xabaril con cans atrelados. En tres campos tiña lugar a ronda clasificatoria na que 6 cans de cada campo accedían a fase final. Dos 18 cans e monteiros que participaron na final foi o can “Tito” conducido por Antonio Sánchez Sexto o campión desta segunda edición Copa Terras de Melide ao acadar unha puntuación total de 236 puntos. O segundo caixón do podio subía o cazador Jesús Ares Lorenzo co grifón de nome “Ole” con 232,3 puntos. O monteiro, campión da edición anterior, José Manuel Barreiro Rivadas facíase co terceiro posto acadado coa súa cadela de nome “Brisa” e 222,3 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza