Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
A DIRECTORA XERAL CONFIRMA
De ningunha maneira o Anteproxecto de Lei de Protección e Benestar Animal pon en perigo a participación dos nosos cans na actividade cinexética
25/4/2016

Na xornada de hoxe 25 de abril o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, xunto co directivo da FGC Emilio Bolaño, mantiveron unha reunión coa Directora e Subdirectora Xeral de Conservación da Natureza Ana María Díaz López e Susana Cuesta Fariña.

Dita xuntanza tivo como eixo central a análise das achegas presentadas pola FGC ao anteproxecto de Lei de Protección e Benestar Animal e na que cabe destacar en verbas da Directora Xeral que “ao igual que na lei do ano 1993 en ningún artigo deste anteproxecto se contempla a prohibición da participación dos cans en ningunha das modalidades cinexéticas”

Na análise da prohibición do uso dos colares eléctricos, os colares beeper e localizadores quedarán xa exentos de regulación polo que se permite o seu uso a tódolos efectos e no referente os colares de adestramento a Consellería segue a solicitar informes que fagan factible o seu uso acorde coas normativas europeas vixentes

Remataba a reunión co compromiso por parte de Díaz López dun estudo polo miúdo das achegas presentadas pola Federación así como futuras xuntanzas cos representantes dos cazadores galegos para unha futura Lei de Protección Animal acorde coa actividade cinexética que se desenrola en Galicia.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

O LOBO
05/09/2023
Lobos en Europa

LICENZAS DE CAZA
28/08/2023
Información sobre a expedición da licenza gratuita para maiores de 65 anos

CURSOS FORMACIÓN 2023
29/08/2023
As enfermidades da fauna cinexética, a saúde alimentaria e a xestión de residuos da carne de caza son algunhas das novidades dos Cursos de Formación da FGC 2023

MUTUASPORT - ARTEMISAN - FGC
07/08/2023
Artemisan e a FGC analizaron a situación do paspallás na Limia


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza