Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PAXARILES CORUÑA
Paxariles en Narón
2/5/2016

O pasado 1 de maio disputouse no Campo de Fútbol Río Seco de Narón, unha edición máis da fase provincial de A Coruña de Paxariles que contou coa organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e coa colaboración da Sociedade Ornitolóxica de A Faísca.

A maña transcorreu sen imprevistos e os diferentes paxaros cantores foron emitindo os seus cantos para o goce do resto de participantes e público alí presente.

Rematada a proba a clasificación final nas diferentes categorías resultou como segue a continuación:

Na categoría de Liñaceiro o campión foi Dionisio Ares Babarro cun total de 18 puntos. Iván Fajardo Cao acadaba o segundo con 5 puntos, os mesmos puntos pero en terceira posición situábase Arturo Porta Taibo.

En Xílgaro, o primeiro posto era para Iván Fajardo Cao con 164 puntos. Con 64 puntos e en segunda posición remataba Luis Roiz Rodríguez. E xa en terceira posición situábase Mª del Pilar Beltrán Blanco con 46 puntos.

Jesús Ángel Faraldo Ares en Mixto de Liñaceiro facíase co primeiro posto da clasificación xeral con 99 puntos. Mª Ángeles Pérez Arcos e Miguel Ángel Ares Ares remataban en segunda e terceira posición con 76 e 75 puntos.

Na categoría de Mixto de Xílgaro o campión era José Sanjuan Maceiras con 113 puntos. José Luis Gándara Conde acadaba o subcampionato con 93 puntos. Con 87 puntos e en terceira posición remataba Dionisio Ares Babarro.

En Verderolo o primeiro posto era para Pedro Fernández Jiménez con 32 puntos. Con 28 e 14 puntos Jonathan Crego González era o que completaba o podio.

E xa para rematar, en Mixto de Verderolo o campión era Jacobo Romero Gómez con 48 puntos, seguido en segunda posición por Mª Ángeles Pérez Arcos con 18 puntos. Repetía no terceiro posto Jacobo Romero Gómez con 16 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza