RASTRO XABARIL CORUÑA

José Manuel Barreiro, con “Brisa”, campión provincial

Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril

Ata o concello coruñés de Porto do Son desprazáronse na xornada do pasado sábado 7 de maio cans e monteiros galegos para participar na fase provincial de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizado pola Federación Galega de Caza de A Coruña e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Porto do Son.

Destacar o bo ambiente e deportividade reinante durante toda a xornada apesares de que a climatoloxía, con forte vento, puxo en apertos a cans e monteiros.

Foi o monteiro José Manuel Barreiro Rivadas o que acadou o primeiro posto coa súa grifona “Brisa” cun total de 220 puntos converténdose no novo campión provincial da especialidade. O xoven monteiro Manuel Rodeiro Louzao con “Rato” facíase co segundo posto da clasificación xeral con 217,5 puntos. Con 193,5 puntos o terceiro posto do podio era para Francisco Romero Álvarez co grifón de nome “Bala”.

A selección provincial que representará A Coruña no vindeiro campionato autonómico quedou composta polos seguintes monteiros: José Luis Iglesias, Francisco Rodeiro, Manuel Rodeiro, José Manuel Barreiro, Javier Devesa, Miguel A. Arnoso, Alfonso Collazo, José Manuel Amor e Manuel Fernández.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.