Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PAXAROS CANTORES
Galego de Paxariles en Narón
20/5/2016

XX Campionato Galego de Paxaros Cantores

Na xornada dominical do 15 de maio tiña lugar a fase autonómica de Silvestrismo no que o concello de Narón, concretamente o campo de fútbol Río Seco, era o escenario deste Campionato Galego organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración do Clube de Cazadores A Faísca.

Este campionato disputouse baixo unhas condicións climáticas extraordinarias que permitiron escoitar con claridade os fermosos cantos dos paxaros previamente clasificados nas respectivas fases provinciais e que se deron cita nesta proba. Os 91 paxaros que se deron cita neste autonómico dividíronse nas diferentes categorías do seguinte xeito: 6 liñaceiros, 24 xílgaros, 13 verderolos, 10 mixtos de liñaceiros, 32 mixtos de xílgaro e 6 mixtos de verderolos.

Rematados os diferentes termos deu se a coñecer a clasificación final resultando do seguinte xeito:

En Liñaceiro o campión era Ivan Fajardo Cao con 42 puntos namentres que Carlos Delgado García facíase co segundo posto con 24 puntos, con 14 puntos Camilo Taboada Piñeiro remataba en terceira posición.

Na categoría de Xílgaro o primeiro posto era para Ivan Fajardo Cao con 94 puntos. Mª del Pilar Beltrán Blanco facíase coa segunda posición cun total de 68 puntos. Ocupaba o terceiro posto Luis Roiz Rodríguez con 59 puntos.

En Mixto de Liñaceiro resultaba campión Jesús Ángel Faraldo ares con 88 puntos, seguida de José María Fernández Castro en segunda e terceira posición con 84 e 51 puntos.

Nas plumas de Mixto de Xílgaro o campión era José Luis Gándara Conde con 132 puntos. Con 107 puntos e en segunda posición remataba José Sanjuán Maceiras. Novamente José Luis Gándara Conde subía ao podio en en terceira posición con 104 puntos.

En Verderolo o primeiro clasificado era Pedro Fernández Jiménez con 46 puntos. Con 32 puntos remataba Pablo Collares Álvarez que lle daba a segunda posición. Cándido Lago Álvarez era o terceiro clasificado con 32 puntos.

En Mixto de Verderolo a campioa era Mº Ángeles Pérez Arcos. E xa en segunda e terceira posición clasificábase Jacobo Romero Gómez con 33 e 5 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza