COPA GALICIA RASTRO COELLO

VI Campionato de Rastro de Coello “Can de Ouro” Costa da Morte

O pasado sábado 5 de xuño o Clube “Amigos dos Cans de Caza” en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña, celebrou no Tecor Sancan do concello de A Baña, o VI Campionato “Can de Ouro” Costa da Morte, na modalidade de Cans de Rastro sobre coello. 

A competición iniciouse ás 7 da maña do día 5 coa concentración dos participantes na modalidade de rastro sobre coello. Competiron máis de unha decena de lotes e as condicións climatolóxicas foron ideais para a disputa desta disciplina deportiva. 

O primeiro posto foi para José Antonio Fernández Alba, co seu lote composto por: “Sila, Lima, Lasi e Mona”con 618 puntos. O segundo clasificado, foi o concursante Joja Suárez Rama, cos beagles “Bill, Lora, Baldonia e Sarela”, cun total de 547 puntos. O bronce foi a recaer en Jaime López Castro, co seu lote “Pitín, Tima, Jara e Alfa” e unha puntuación de 536 puntos.

O galardón, para o mellor can de rastro sobre coello do campionato foi para “Sila” propiedade de José Antonio Fernández Alva con 167 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.