Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PAU XUDICIAL Á RFEC
A sentenza da Audiencia de Albacete confirma a tese sostida pola FGC
13/6/2016

A Audiencia Provincial de Albacete ven de desestima-lo recurso formulado pola RFEC contra a Sentencia do Xulgado de Instancia que rexeitou a demanda pola que a federación nacional reclamaba á Federación Autonómica de Castela-A Mancha as cotas das licenzas federativas autonómicas do ano 2013. 

A Sentenza de Apelación resolve que a a federación autonómica, polo mero feito de estar integrada na estatal, non ten a obrigación de paga-la cota da RFEC ao non existir norma xurídica, nin convenio ou contrato entre as partes que así o estableza. 

A sentenza de AP de Albacete que confirma a tese sostida en todo momento pola Federación Galega de Caza, é radicalmente contraria á da Audiencia Provincial da Coruña que condenaba á FGC a pagar á Española a cota das licenzas federativas autonómicas do 2013, apoiándose en que a FGC ao estar integrada na nacional debía contribuír aos sostemento da súa estrutura. 

A FGC, entendendo que a Sentencia da Sección Sexta da AP de A Coruña carecía de toda fundamentación xurídica, interpuxo, no seu momento, ante o Tribunal Supremo sendos Recursos Extraordinarios por Infracción Procesal e Casación que foron remitidos pola Audiencia Provincial de A Coruña ao Alto Tribunal.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza