Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TROFEO RAMÓN BERTOA
Os campións no Trofeo Homenaxe “Ramón Bertoa” foron Salvador Sestelo, Ramón Picallo e Alfonso Rey
01/08/2016

O pasado 30 de xullo tivo lugar no Tecor coruñés de San Roque de Zas un Trofeo Homenaxe ao incombustible cazador e xuíz Ramón Bertoa nas modalidades de Caza San Huberto e Cans de Rastro sobre Xabaril e Coello. Unha emotiva e máis que merecida homenaxe organizada polo Tecor San Roque de Zas en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña

San Huberto

A alta participación e a neboa que fixo que o inicio sofrese un retraso foron as notas máis destacadas neste Trofeo San Huberto que se adxudicou o cazador Ramón Picallo Piñón co can “Risto” e un total de 64 puntos. Con 51 puntos o segundo posto era para Antonio Fraga Temprano con “Lía”. René Vale García subía ao terceiro posto da clasificaciónn con “Suaiper” e 49 puntos.

Rastro de Coello

Ata 24 lotes de cans se sumaron a este Trofeo no que a abundancia de coellos en boa parte dos campos de competición fixeron o disfrute e deleite de participantes e público. O lote propiedade de Alfonso Rey Baulde foi o primeiro clasificado con 555 puntos. O subcampionato recaeu en Juan José Formoso Raposo con 530 puntos e xa con 510 puntos o bronce foi para Manuel Méndez Campos.

 

 

Rastro de Xabaril

A igualdade e nivel de presentación que realizaron os monteiros e cans dos primeiros postos puxo difícil o traballo do equipo de xuíces neste I Trofeo Homenaxe a Ramón Bertoa. O monteiro pontevedrés, Salvador Sestelo con “Vikingo”, convertíase no campión da proba con 227,5 puntos. A 2,5 puntos situábase o segundo clasificado José Luis Iglesias Neira con “Cañón”. E xa o tamén pontevedrés Álvaro Fontenla acadaba o terceiro posto con “Muchacha” e 220 puntos.

Preto de 200 persoas achegáronse nesta xornada de homenaxe a Ramón Bertoa, e  foron moitos que por un motivo ou outro non poideron asistir pero si lle transmitiron e felicitaron polo seu traballo en prol da caza, da FGC e dos cans de caza. Unha merecida homenaxe a un dos xuíces galegos cun curriculúm cinexético-deportivo máis destacado. Dende as verbas de Javier Nogueira, presidente da FGC, pasando por antigos e actuais presidentes e directivos da FGC provincial, o presidente da FGC de Pontevedra, do Concello e Tecor de Zas, familiares e amigos quixeron dar unha pequena mostra de orgullo e aprecio a este gran cazador, xuíz e apaixoado dos cans… unha vez máis… gracias por todo Bertoa.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza