Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
Provincial Lugo
Francisco Javier López gañador na Terra Cha
05/12/2016

O pasado sábado 3 de decembro os cazadores lucenses apaixoados pola caza da arcea tiñan unha cita no Tecor de A Terra Cha, desputábase unha edición máis do Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

Con boas sensacións en canto a presencia de arceas no Tecor, concentrábanse os cazadores, unha ampla participación que desmostra o incremento de apaixoados a esta caza en xeral e de cazadores lucenses en particular.

O campionato trascorreu sen imprevistos e tan so destacar a boa presencia de arceas, capturándose 9 e avistándose un bo número delas.  

Foi o cazador Francisco Javier López Salvador con 500 puntos o que acadou o primeiro posto converténdose deste xeito no novo campión provincial. Co mesmo número de puntos que o campión, Manuel Rodríguez Quiroga e Bernardo Traseira Rois acadaban o segundo e terceiro posto respectivamente.

A estes 3 primeiros cazadores clasificados acompañaranos Diego Martínez Guitián e José Aurelio Álvarez Álvarez conformando a selección lucense para o autonómico da especialidade.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios puxo o punto e final a esta edición quedándo todo emprezado para o vindeiro sábado día 17 de decembro coa desputa do autonómico da especialidade.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO GALEGO DE CETRERÍA
2025-10-28
Campións galegos de cetrería no Tecor Terra Chá

CAZA MENOR OURENSE
2025-10-27
Iván Álvarez con “Suri Raiña Loba” campión provincial de Ourense de Caza Menor

CAZA MENOR CORUÑA
2025-10-27
A fase provincial da Coruña de Caza Menor con Can tivo a Antón Moure e a cadela “Lira” como gañadores

CAZA MENOR PONTEVEDRA
2025-10-27
Javier Calvo con "Nena" é o novo Campión Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza