Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RAPOSO LUGO
O equipo “Os de Cela” adxudícase o provincial en Pol
9/1/2017

O pasado 7 de xaneiro, tivo lugar no concello lucense de Pol o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo coa colaboración das Sociedades de Cazadores O Moucho, Meira, Amigos da Natureza e Hermunde.

A proba transcorreu baixo unhas moi boas condicións climáticas, feito este que favoreceu os numerosos avistamentos dos raposos por parte das 19 cuadrillas participantes nesta proba provincial. Unha xornada cinexética extraordinaria na que a abundancia de raposos quedou patente e fixo o goce de cans e participantes.

Foi o equipo de “Os de Cela” o que se upou ó primeiro posto cun total de 7 raposos entregados no control. Con 5 raposos e en segunda posición remataba o equipo “O Cordal de Ousá”. Completou o podio a cuadrilla “Aparta que ahí vamos” con 4 raposos. Todos eles recibiron galardóns e trofeos no transcurso do acto de clausura que tivo lugar en Mosteiro, contando coa colaboración das empresas do pobo e do Concello, presidindo o acto o Alcalde e o Vicepresidente da Federación Galega de Caza de Lugo 

A estes tres primeiros equipos sumaránselles as cuadrillas “Ganados Blanco” e “Os Rápidos” que serán os que representarán á provincia de Lugo no vindeiro campionato autonómico da modalidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO GALEGO XABARIL
2025-06-16
Julio Ferradás con “Copy” proclamouse novo Campión Galego de Rastro sobre Xabaril

NACIONAL DE XABARIL
2025-06-13
Tomiño recibe aos mellores cans de rastro sobre xabaril de 2025

PROVINCIAL COMPAK SPORTING CORUÑA
2025-06-09
Cebreiro domina o provincial coruñés de Compak

COMPAK SPORTING OURENSE
2025-06-03
Francisco Javier Villanueva renova o título de campión provincial de compak


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza