INCONDICIONAL

A FGC condena o asasinato levado a cabo esta fin de semana en Lleida

A Federación Galega de Caza quere facer pública a súa condena incondicional do fatal suceso acontecido esta fin de semana en Lleida, onde un cazador asasinou a dous gardas forestais.

Sobra dicir que este individuo non representa en absoluto ao colectivo de cazadores, composto por preto de medio millón de persoas en toda España, que cada fin de semana saen aos montes para gozar dunha actividade san, legal, e respetuosa tanto co medio ambiente como, faltaría mais, co resto de persoas que comparten o monte con eles. 

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.