Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA DE RAPOSO
O equipo lucense "Os Rápidos", actual campión galego, foi o gañador da IV SuperCopa Galega de Caza do Raposo
6/2/2017

O grupo “Os Rápidos” de A Terra Chá lucense, actual campión galego da modalidade e con cinco raposos, subiu ao máis alto do caixón dos mellores en Rodeiro (Pontevedra). Vila que se converteu, nesta primeira fin de semana de febreiro, na “Capital Galega da Caza” o acoller de maneira exitosa a IV Supercopa Galega de Caza de Zorro e a VII Festa da Caza. Dous acontecementos que se encargaron de organizar a Corporación Municipal rodeirense e a Federación Galega de Caza en cooperación coa homónima de Pontevedra e as sociedades de Caza de Dozón, Lalín e Rodeiro, as que cederon de xeito altruísta os terreos cinexéticos para tal celebración que contou cunha participación superior a 500 persoas entre cazadores e guías, e a colaboración da Xunta de Galicia, dos hostaleiros do municipio e da Asociación Internacional de Periodistas Especializados, Periodipesca.

A concentración levouse a cabo, baixo un impresionante temporal de vento e choiva que fixo quedar sen luz eléctrica toda a Comarca, moi de mañá (7,30 h.) e en dous puntos: no Bar “A Rocha” (A Rocha) e no Pavillón Polideportivo de Rodeiro que se convertía en epicentro do acontecemento. Ás oito, a pesar do terrible panorama meteorolóxico, dábanse as respectivas saídas para os cazadeiros, para media hora despois iniciarse o exercicio que concluía ás 13,30 h., dispoñendo os cazadores doutra hora máis para chegar o punto de control, onde un equipo de profesionais da Facultade Veterinaria “Rof Codina” de Lugo, coa titular, Ana López ao fronte, levou a cabo un meticuloso exame sobre os 20 exemplares capturados, dos 49 que foron levantados e vistos nas catro horas e media que durou a competición, gozando tódolos raposos -segundo dixeron- de boa saúde. Coñecidos os resultados, estes foron os equipos que subiron o caixón dos mellores:

CLASIFICACIÓN

  • 1º e Campión, equipo “Os Rápidos”, A  Terra Chá (Lugo)
  • 2º e Subcampión, “Doble Cero”, Dozón (Pontevedra).
  • , “Os Ferreiros”,  Rías Baixas (Pontevedra)

Seguidamente clasificáronse 9 equipos máis.

CLAUSURA

O broche memorable desta Supercopa puxoa a cerimonia da proclamación dos campións e a  entrega de premios e recordos, así como o acto de Clausura, levándose todo elo a cabo nun “petado” Pavillón Polideportivo de Rodeiro, logo dun xantar de confraternización ao que asistiron arredor de 600 comensais, entre os que se atopaban diversas autoridades locais, provinciais e autonómicas, arroupando coa súa presenza este acontecemento venatorio. Entre outras, alí estaban, ademais da representación da Federación Galega e Provincial de Caza, o Alcalde e membros da corporación rodeirense, o presidente e directivos das sociedades de caza de Rodeiro, Lalín e Dozón;  a Directora Xeral  do Patrimonio Natural de Galicia, Ana Mª Díaz López, e o Delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides. Autoridades algunhas das cales fixeron uso da palabra para felicitar a tódolos participantes polo espírito deportivo e bo facer amosado nunha xornada na que só unhas persoas con tanta afección e sacrificio poden saír o monte nun día climatolóxicamente tan infernal.

A Directora Xeral, unha vez máis, volveu a poñerse a disposición do colectivo nun xesto que foi moi aplaudido. Mentres o máximo responsable da caza federada en Galicia, Javier Nogueira, logo de felicitar aos participantes en xeral e os vencedores en particular, dixo recoller o guante lanzado pola máxima responsable galega da caza e ofreceuse a colaborar coa Dirección Xeral do Patrimonio Natural en todo aquilo que redundase en beneficio da caza e dos cazadores. Tamén o Alcalde, Luís  López Diéguez, non deixou pasar a oportunidade para ofrecer Rodeiro como “Municipio galego de caza” xa que estas probas “tamén serven para promover turísticamente  o noso Concello”, precisou.

Pola súa parte o xefe da cuadrilla vencedora, Juan José Fernández, non collía en si de gozo, cualificou o escenario competitivo de “bo” a organización de “fenomenal” e respecto a volverse a encaramar o seu grupo no primeiro posto, recoñeceu que levaban unha boa racha de resultados, “e certo que estamos de sorte e atravesamos unha etapa doce, sen ir máis lonxe gañamos recentemente o Galego e aquí, a pesar do criminal tempo, abatemos cinco, dous máis que o segundo clasificado e volvemos a acadar o primeiro posto. Todo fenomenal”,  explicou. 

Unha climatoloxía na que o brutal temporal impediu que algúns equipos puidesen achegarse ata Rodeiro e influíu negativamente nos resultados e no lucimento do torneo. De tódolos xeitos, quen ía dicir fai tan só un par de anos que unicamente a intensa y embarazosa chuvia e o forte vento fosen o único contratempo deste Campionato. O sentidiño e o entendemento deben de prevalecer sempre. En calquera acaso, efectivos da Garda Civil estiveron traballando, pendentes do que puidese pasar, durante todo o desenrolo da competición.

VII FESTA DA CAZA

Tocante a Festa da Caza celebrada o domingo salientar a boa acollida que tivo en toda a comarca, pois foron centos de persoas as que degustaron os exquisitos guisos de carne de caza, principalmente de corzo e xabaril, que ofreceron gratuitamente durante a xornada os restaurantes e casas de comidas do municipio. Mentres una carpa instalada no centro da Vila acollía diversos stands con exposición e venda de diversos produtos da comarca, así  como unha degustación oficial dos estufados antes mencionados, asistindo varias autoridades que foron recibidas polo Alcalde anfitrión, Luís López, destacando a presenza do Conselleiro de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, Ramón Rodríguez González e a Deputada lucense, Xulia Rodríguez Varrera, así como o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira e outros federativos

Todo elo estivo complementado con diversas exhibicións e demostracións de cetrería, tiro con arco e una feira de cans de caza que estivo moi concorrida.

Dicir por último que, una vez más, o desenrolo destes dous importantes  acontecementos relacionados cao caza foron recollidos polas cámaras da Produtora “Lumavisión Galicia”, así que axiña podemos velas respectivas reportaxes en distintas canles de televisión e máis na Web da Federación Galega de Caza. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza