CANS PARADA OURENSE

Antonio Vilar en Británicos foi o campión en Porqueira

Copa Federación de Ourense de Cans de Parada

O pasado 19 de marzo disputábase a fase provincial de Ourense de Cans de Parada no Tecor de Porqueira. Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

Destacar a participación de un total de 24 cans, divididos en 3 de razas Continentais e 21 en razas Británicas.

En Británicos, o primeiro posto foi para Antonio Vilar co can setter inglés macho “Rocco” que obtivo unha cualificación de 1º EXC. “Gril”, pointer macho, conducido por José María Carnota obtivo o segundo posto cunha cualificación de 2º EXC. E xa no terceiro posto, José María Carnota co setter inglés macho “Halcón” obtivo unha cualificación de 3º MB.

En Continentais os cans presentados non obtiveron cualificación.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.