Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MEMORIAL RASTRO XABARIL
Monteiros en Meira lembran a Raúl Cartea
8/5/2017

O pasado 30 de abril tiña lugar no concello lucense de Meira unha proba de Rastro á Trela sobre Xabaril Salvaxe organizada pola Sociedade de Cazadores de Meira e contando coa colaboración do Concello de Meira e a Federación Galega de Caza.

Unha intensa choiva previa ao inicio da procura de rastros por parte dos monteiros da organización engadiu máis dificultade a este tipo de probas xa de por si impredecibles por tratarse de rastros salvaxes. Apesares da climatoloxía adversa os rastros foron aparecendo e os 16 monteiros inscritos puideron facer as súas prestacións. Destacar o papel organizativo de Guillermo Barreira quen dispuxo de mais de unha ducia de monteiros para a procura de rastros.

Divididos en dous grupos, cans e monteiros foron amosando ao público asistente nos terreos dos Tecores de Meira, o Moucho e a Terra Cha o bo nivel a hora de rastrexar o porco bravo. 

As calificacións dos cans participantes otorgadas polos xuíces Eduardo Casal e José Castosa foron as seguintes:

  • Javier Rivera con “Tin”: EXC
  • Luis Otero con “Bobi”: EXC
  • Cristian Rego con “Tanque”: MB
  • Oscar Díaz con “Pachín”: MB
  • Celestino Yáñez con “San”: MB
  • José López con “Che” : MB
  • Luis Otero con “Sol” : MB
  • Candido Paleo con “Yoni” : MB
  • Eugenio García con “Lasi” : MB
  • José Otero con “Che” : MB
  • José Juan Ferreiro con “Yoni” : MB
  • Javier Cela con “Paris” : MB
  • Jacobo Cotarelo con “Dingo” : MB
  • Manuel Val con “Zambo” : B
  • Manuel Martínez con “Colín”: B
  • Antonio Bello con “Nani” : B

Rematada a competición tivo lugar un emotivo xantar ao que asistiron familiares e amigos e compañeiros de Caza de Raúl Cartea. Máis de 100 persoas quixeron compartir e recordar ao cazador e xuíz Cartea, arroupando aos familiares durante a clausura da proba. Unha clausura na que interviron varios directivos da Sociedade de Caza de Meira, o alcalde de Meira Antonio de Dios e unha ampla representación da Federación Galega de Caza entre os que se atopaba o vocal Juan Ángel Alonso, o vicepresidente José Luis Valcárcel, o presidente da FGC en Lugo Francisco López e o presidente da FGC Javier Nogueira.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza