Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO PAXARILES
Bo nivel de canto no autonómico de paxariles en Narón
22/5/2017

Baixo unha extraordinaria climatoloxía arrincaba a XXI edición do Campionato Galego de Paxariles. Era o campo de fútbol de Río Seco, sito no concello coruñés de Narón, o que acollía esta nova edición que estivo marcado polo alto nivel de canto dos paxaros presentados. Todo elo coa organización da Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de A Faísca.

Cunha alta participación, un total de 90 paxaros participaron nesta fase autonómica disputada o pasado domingo 14 de maio, e que se dividiron en 13 liñaceiros, 24 xílgaros, 13 verderoles, 16 mixtos de liñaceiros, 18 mixtos de xílgaro e 6 mixtos de verderolos.

Manuel Ángel Chao Porto, Jesús Faraldo Ares e Iván Fajardo Cao foron os xuíces encargados de puntuar e valorar os diferentes cantos das plumas dos 90 paxaros que accederon a este autonómico clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais.

Na categoría de Liñaceiro o primeiro posto era para María Aurora Río Pico con 41 puntos, seguido por Elisa Pereira Pereira en segunda posición con 7 puntos. E con 6 puntos, Camilo Taboada Piñeiro acadaba o bronce.

Na pluma pura de Xílgaro o gañador era Manuel Ángel Chao Porto con un total de 75 puntos. José Sanjuan Maceiras acadaba o subcampionato con 51 puntos. Co mesmo número de puntos que Maceiras, pero en terceira posición, remataba Iván Fajardo Cao.

José María Fernández Castro era o campión en mixto de liñaceiro con un total de 51 puntos. O segundo posto era para Mª Ángeles Pérez Arcos con 43 puntos. Con 42 puntos completaba o podio Miguel Ángel Ares Ares.

En mixto de xílgaro, o primeiro posto era para Fernando Nicasio García Castro con 92 puntos. A medalla de prata recaía en Luís Roiz Rodríguez con 91 puntos e xa con 89 puntos situábase en terceira posición Ramón Lago Castro.

En Verderolo o primeiro posto era para Pedro Fernández Jiménez con 48 puntos. Seguido no segundo posto, por Juan Manuel Soutro Rico con 37 puntos. Dionisio Ares Babarro accedía ao terceiro posto con 34 puntos.

En mixto de verderolo o primeiro e segundo posto eran para Jacobo Romero Gómez con 17 e 6 puntos. Completaba o podio Ángel Enrique Sanz Del Río.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza