Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CARNE CAZA
ASICCAZA achega o sabor e as bondades da carne de caza a máis de 400 nenos de Estremadura
22/5/2017

A Asociación Interprofesional da Carne Silvestre (ASICCAZA) realizou un taller de cociña en Alange no que participaron 400 nenos de toda Estremadura. O obxectivo desta iniciativa foi que os nenos coñezan e saboreen a carne de caza, dunha forma práctica e divertida.

O taller de cociña “Carne de caza, sabor en estado puro” foi unha das actividades incluídas na Xornada organizada pola Federación Estremeña de Caza (Fedexcaza) en colaboración cos colexios estremeños para clausurar o programa de Promoción e Axuda ao Deporte Escolar (PROADES). 

Os nenos, de idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos, puideron elaborar unha hamburguesa de carne de cervo que logo puideron gozar coméndolla podendo apreciar o sabor deste produto 100% natural, auténtico e saudable.  

O xerente de ASICCAZA, Jaime Furtado, que coordinou o taller, destacou a importancia de que os nenos coñezan os beneficios da carne de caza, que se familiaricen co seu sabor e véxana como un produto importante dentro da dieta. 

Furtado lembrou que “os nenos de hoxe son os consumidores do mañá e por iso é importante chegar a eles para fomentar o consumo nacional da carne de caza, unha carne menos graxa, con máis proteínas e con moito calcio, ferro, fósforo, magnesio e zinc, polo que é moi saudable e beneficiosa para o crecemento dos nenos e para a actividade deportiva”. 

O xerente de ASICCAZA resaltou que España é o maior exportador de carne de caza e que máis do 90% da carne que se produce no noso país expórtase a países onde é moi valorada como Alemaña, Francia, Bélxica, Holanda, Portugal e Italia. Do mesmo xeito, apuntou “que xa é hora de que os españois tamén empecemos a valorar a carne de caza e ha apreciar as características dun dos produtos máis sans e recomendables”.  

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSOS FORMACIÓN
30/10/2017
Ampla e activa participación no II Curso de Formación de A Coruña

EN PONTE CALDELAS
9/1/2016
A VI Montería "Á Galega" volveu resultar un éxito

GRATUITO
9/11/2016
Proxecto E4SPORT 2.0 de emprendemento en xestión deportiva dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos

CONGRESOS
9/11/2016
XII Congreso Español de Derecho Deportivo do 18 ao 19 de novembro na Coruña


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza