Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL SALVAXE
O asturiano Manuel Garci gañador de Ortigueira 2017
29/5/2017

IX Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe sen Morte na modalidade Xauría

Lote do asturiano Manuel Garci Granda, campión

O pasado 27 de maio disputouse nos concellos de Ortigueira, Cedeira, Cerdido, Cariño e Mañón, a IX Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe sen Morte, na modalidade de Xauría, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e coa colaboración das Sociedades de Cazadores de Ortegal, Mañón e Eixil. Sen lugar a dúbidas Ortigueira xa se converteu na proba por excelencia de cans de rastro sobre  xabaril salvaxe sen morte para xaurías, tanto pola calidade da mesma como pola súa repercusión mediática no mundo do can de xabaril. Ortigueira xa non so é un campionato de cans de rastro, Ortigueira é un encontro de monteiros do Norte peninsular.

Nesta edición participaron un total de 24 equipos con cadanseu lote de cans compostos por 6 cans e ata tres condutores. Os equipos participantes chegaron dende a veciña Asturias, Cantabria, Navarra e Galicia. Destacar o interese que esperta esta proba que conleva un enorme peso organizativo no que nesta novena edición interviñeron máis de 130 rastreadores, xuíces e guías que puxeron a disposición dos participantes máis de 70 rastros de xabaril nas 24 manchas dispoñibles, descartando, como é lóxico, os rastros de femias de xabaril seguido das súas crías.

Lote do lucense Adrian Cendán Rodríguez , subcampión

Os participantes dispuxeron dun pequeno tempo para facer un achegamento previo a traela ou no seu caso o desbotar ese rastro e empregar outro facilitado pola organización. Unha vez feito dita comprobación, tería lugar a solta dos cans no que estes dispoñían de 2 horas para facer o achegamento, levante e persecución.

A proba foi, como en edicións anteriores, todo un éxito e os 24 xuíces encargados de xulgar a proba, contabilizaron un sen fin de levantes de xabaril e avistamentos que fixeron as ledicias do numeroso público que seguiu o discorrer desta proba. Un público que en cada edición achégase en maior número para gozar da calidade dos cans e monteiros que participan nesta proba pioneira. Resaltar que a boa climatoloxía previa e durante a xornada quixo unirse a proba favorecende o bo resultado da mesma e case facéndose pleno de levantes de xabaril por parte dos 24 lotes.

Foi o lote do asturiano Manuel Garci Granda, gañador na edición do 2014, o que acadaba o primeiro posto e se convertía no campión desta edición da Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe sen Morte. O lote do lucense Adrian Cendán Rodríguez obtivo o segundo posto e xa na terceira posición remataba o tamén galego Luís Mantiñan Pan. O resto da clasificación resultaba do seguinte xeito: 4º posición para o campión da anterior edición Víctor Odriozola Samanillo, en 5º Javier Arizcuren Pola, 6º Enrique Navedo González, en 7ª Ángel Montero Toimil, en 8º Antonio Castro Fernández, en 9º Alfonso Jardón Quintana e en 10ª posición Jorge Cid Salgado.

Lote do galego Luís Mantiñan Pan , terceiro clasificado

O can de nome “Coba” propiedade do galego Pedro Manuel Seijo, “Dina” de David Iglesias Lorenzo e “Dona” de Jorge Cid Salgado, foron os cans máis destacados e premiados nesta IX edición sen ter en conta os 6 mellores lotes premiados.

Unha das novidades desta edición foi a participación de tódolos campións das edicións anteriores e a lectura dos rapports dos 10 primeiros clasificados por parte de Manuel Saa, un dos artífices da organización desta pioneira proba e un Presidente provincial da FGC de A Coruña que non foi quen de conter as bagoas ante o agradecemento dos case 350 asistentes que ateigaban a carpa onde se fixo o xantar de irmandade e se puxo o punto e final a Ortigueira 2017 ao mesmo tempo que comezaban os traballos para Ortigueira 2018.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza