Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
I Encontro das Xuventudes pola Caza
As Xuventudes dixeron si á caza en Río Sar
29/07/2017

 

Na xornada do pasado 29 de xullo tivo lugar en Galicia un feito alentador para o presente e futuro da actividade cinexética na nosa comunidade, celebrouse o I Encontro das Xuventudes pola Caza organizado por este ente e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza, a Xunta de Galicia, a Sociedade Deportiva Río Sar e máis de 30 empresas relacionadas co mundo da caza.

Un Encontro no que preto de 200 xóvenes se foron achegando as instalacións de Río Sar para desfrutar dunha xornada de amizade, experiencias e diversión enmarcadas co lema de “a caza ten futuro e relevo”. 

Todo comenzaba coa inauguración da xornada por parte da Secretaria Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Marta Míguez, o presidente da RFEC, Ángel López, o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, o presidente da Sociedade Deportiva Río Sar, Luis Sánchez, a responsable da RFEC da Área de Xuventude, Xisca Capó, e o delegado de Xuventudes pola Caza, José Montoiro, así como distintos membros das federacións de caza de Galicia. Esta inauguración tivo o seu momento emotivo cando os rapaces non quixeron esquencerse e homenaxear cun emotivo minuto de silencio a tristemente falecida Mel Capitán, unha rapaza cazadora e unha das promotoras da corrente de xóvenes cazadores en España. 

Neste primeiro Encontro as Xuventudes pola Caza abriron as portas de Río Sar para todos aqueles xóvenes, cazadores ou non, para que coñeceran diversas modalidades de caza e participaran activamente nelas, desfrutando de cursos de iniciación e práctica de percorridos de caza con arco e con platos, compak sporting, field target e hélices. Todo esto nas primeiras horas da xornada, para xa pasar ao mediodía á parte teórica. 

Nas conferencias e mesa redonda tocáronse temas de enorme interese para os máis xóvenes, ponencias sobre a alimentación dos nosos cans impartida polo veterinario e experto en alimentación canina Suso Muñoz, tecnoloxía na caza por José Ramón Carril de Remanso, custodia das armas e posta a punto por Luis Villamil da Intervención de Armas de Pontevedra,  e experiencias nos lances da caza do xabaril por Michel Coya. 

Rematado o xantar de irmandade foi o turno das exhibicións das disciplinas de cans de rastro de xabaril e cans de mostra. Aproveitamos para agradecer a colaboración desinteresada e de gran calidade feita polos expertos monitores de todas as disciplinas, que lle aportaron aos xóvenes os seus coñecementos e consellos.

Como extraordinario colofón, a organización e Río Sar abriu todas as canchas de tiro e os rapaces puideron afinar puntería para rematar cunha cea e actuación musical que tocou as derradeiras notas deste I Encontro.

Dende o grupo de coordinadores das Xuventudes pola Caza queren facer un agradecemento a todos os colaboradores e moi en especial a todos aqueles xóvenes que participaron neste primeiro paso dun longo camiño polo futuro da caza en Galicia. Un primeiro paso dado con esforzo, con erros e con acertos pero cargado de ilusión para o futuro cinexético e de vindeiros Encontros. Grazas!

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

A PARTIR DO 1 DE AGOSTO
16/04/2024
Publicada a resolución que regula as épocas hábiles de caza 2024-2025

INICIO TEMPADA DE ASEXOS DE CORZO
01/04/2024
Arrinque corceiro

A CAZA TAMÉN VOTA
14/02/2024
A caza para as forzas políticas ante os comicios autonómicos

CURSOS FORMACIÓN FGC
06/10/2023
300 cazadores participan na Escola de Caza 2023 da FGC


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza