Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE CANS DE PARADA
“Grill dos Potinhos” de José María Carnota en Británicos e “Denon de Mirandaola” de José Vicente Cortes en Continentais, foron os Campións Galegos
05/08/2017

Na xornada do 5 de agosto, desputábase unha proba máis da Copa Galicia de Cans de Parada na que, a postre, coñecíanse os campións galegos deste ano 2017.

Foi Láncara, concello lucense, o esceario desta XVII Copa Galicia organizada pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Tecor de Santa Bárbara de Láncara. 

Un bo ambente, uns terreos extraordinarios xunto cunhas temperaturas suaves e un vento frouxo fixo que o desenrolo desta proba fose todo un éxito. Destacando a colaboración dun bo número de socios e directivos de dito Tecor. 

Ao remate de dita proba, foi a pointer macho de nome “Grill dos Potinhos” propiedade de José María Carnota Ríos o que acadaba o primeiro posto da proba na categoría de Británicos cunha calificación de 1º EXC. O segundo posto foi para o setter inglés macho “Halcón de Reinadama” cun 2º MB de José María Carnota Ríos. “Jay do Estrume”, setter inglés macho, de José Luis Méndez Tesouro era o que remataba na terceira posición cun 3º MB.

En Continentais “Denon de Mirandaola” macho de braco alemán propiedade de José Vicente Cortes Doce era o campión da proba cunha calificación de 1º MB. O braco alemán de nome “Fandy de la Judería” propiedade de Pedro Iglesias Hermida era o segundo clasificado cunha calificación de 2º MB.

Coa suma dos puntos acadados nas diferentes probas deuse a coñecer os Campións Galegos de Cans de Parada deste ano 2017 e a selección galega que representará a Galicia no vindeiro campionato nacional. Resultando como segue a continuación:

Na categoría de Británicos o primeiro posto e polo tanto campión galego foi para a pointer macho de nome “Grill dos Potinhos” propiedade de José María Carnota Ríos con 33 puntos. En segunda posición remataba José Luis Méndez Tesouro co setter inglés macho “Jay do Estrume” con 27 puntos. “Halcón de Reinadama”, setter inglés macho, propiedade de José María Carnota Ríos foi o terceiro clasificado con 22 puntos.

En Continentais o título autonómico era para a braco alemán “Denon de Mirandaola” de José Vicente Cortes Doce cun total de 16 puntos. En segunda posición remataba Pedro Iglesias Hermida co braco alemán de nome “Fandy de la Judería” con 12 puntos. Con 4 puntos e en terceira posición remataba o epagneul “Xanto de Alecrín” de Eduardo Calles Casals.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

EN TORDOIA
6/11/2017
O ourensán Jorge Vázquez Iglesias, novo Campión Galego de Caza Menor con Can

GRAN ACTUACIÓN
6/11/2017
Cinco podios para Galicia no Nacional de Agility

CETRARÍA
31/10/2017
Francisco González e Victor Manuel en Baixo Voo e Oscar López en Sky Trial foron os Campións Galegos en Ordes

CAZA MENOR CORUÑA
31/10/2017
Boquete Varela gañador en San Sadurniño


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza