Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN SARRIA, LUGO
Edelmiro Leira, Miguel Fornell e Sandra Rodr铆guez foron os Campi贸ns Galegos de San Huberto en Sarria
06/08/2017

O pasado 6 de agosto desputouse no concello lucense de Sarria, a fase autonómica da disciplina de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza coa colaboración da Sociedade de Cazadores de A Xesteira.

Destacar as altas temperaturas acadadas no transcurso deste autonómico de caza San Huberto que puxo en apretos aos participantes nas horas centrais do día apesares de que os resultados e puntuacións amosaron a calidade e bo facer de cans e cazadores. 

Na categoría Masculina o primeiro posto foi para o cazador Edelmiro Leira Pérez co seu pointer macho de nome “Brio da Brisa” con 81 puntos, converténdose no novo campión galego de San Huberto. O participante José Sanmartín Pérez con “Goros do Lugar Vello” obtiña a medalla de prata con 77 puntos. O xoven cazador Juan José Canosa Vigo con “Zeus da Chousa” situouse no terceiro posto con 71 puntos.

En Damas o primeiro posto e polo tanto o título autonómico era para Sandra Rodríguez Rego con “Don das Fontiñas” e 85 puntos. Nicolasa González Carrodeguas con “Conga” e 75 puntos obtiña o subcampionato namentras que Ana Isabel Arbiol Ledesma con “Drago dos Potinhos” e 53 puntos compretou o podio no terceiro caixón.

Na categoría de Levantadores impúxose o cazador Miguel Fornell Garcúa con “Coca” e 65 puntos. Na segunda posición remataba Juan José Canosa Vigo con “Thor de Forvelaz” e 55 puntos.  Eloy Rodríguez Martínez con “Uncle Sam de los Tres Robles”  era o que se tiña que conformar co terceiro posto con 49 puntos.

Rematada a proba, tivo lugar un xantar e a entrega de premios aos campións por parte das autoridades, directivos da FGC provincial e autonómica e da Sociedade de Caza anfitriona. 

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

GALEGO DE FIELD TARGET
16/04/2019
Antonio Paz en Pist贸n e Luis Gutierre en PCP foron os Campi贸ns Galegos en R谩bade

CAN DE OURO - RASTRO DE COELLO
15/04/2019
O lote propiedade de Oscar Esparis foi o campi贸n do Can de Ouro en Rastro de Coello

I PROBA SOLIDARIA DE SAN HUBERTO
15/04/2019
Picallo Pi帽贸n e Canosa Vigo foron os ga帽adores da I Proba Solidaria en Riberas do Tambre

PROVINCIAL A CORU脩A SAN HUBERTO
08/04/2019
Roberto Dopico, Juan Jos茅 Canosa e Nicolasa Gonz谩lez campi贸ns provinciais en Porto do Son


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza