Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DURAS MEDIDAS PARA A CAZA
A Xunta publica a nova Lei de Benestar dos Animais de Compañía
13/10/2017

A Xunta de Galicia publicaba o pasado mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) a LEI 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, o texto lexislativo que nos últimos meses trouxo de cabeza ao colectivo cinexético.

O ano pasado a Federación Galega de Caza presentaba 30 alegacións a diferentes apartados dos artigos, disposicións e exposición de motivos desta nova Lei que sigue a prexudicar ao colectivo non mellorando a lei existente e incluso endurecéndose de xeito innecesario e desproporcionado, pregándose as demandas de colectivos que non entenden a natureza da caza, e amosando unha grande falta de sensibilidade por parte do lexislador.

Non obstante, cabe sinalar que algúns dos artigos que figuran neste texto xa existían de xeito moi similar tanto na Lei 1/93 (reformada por Lei 8/14) como no seu Regulamento Decreto 153/98, (reformado por Decreto 111/10), aínda vixente na actualidade mentres non entre en vigor a nova lei o vindeiro 11 de xaneiro de 2018.

As novidades mais salientables deste novo texto son as seguintes:

  • A definición de canceira deportiva como aquel núcleo zoolóxico de 15 cans maiores de 3 meses no caso de que se dediquen á actividade cinexética, a canceira deberá ser inscrita no REGANUZ (rexistro galego de núcleos zoolóxicos).
  • A prohibición dos colares eléctricos que produzan descargas
  • Os cans durante o transporte deberán ir alimentados e abeberados, disporán de ventilación e temperatura adecuadas, de espazo suficiente para levantarse, xirar e tombarse, e queda prohibido transportalos en maleteiros totalmente pechados.
  • O cambio de titularidade no REGIAC (rexistro galego de identificación de animais de compañía) deberá ser comunicado tanto polo cedente como polo adquirente ao rexistro no prazo de 10 días dende a entrega do animal.
  • A cría con fins comerciais e a venda de cans deberá facerse só nos establecementos autorizados e inscritos no REGANUZ, todos estes establecementos deberán ter o seu nº de inscrición nun lugar visible e inserilo en toda a súa publicidade.
  • A non identificación dos cans (microchip) considerase infracción grave.

Descargar texto completo da LEI 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia

Cabe destacar tamén que este novo texto lexislativo nada ten que ver co Real Decreto estatal 542/2016 do Ministerio de Agricultura que regula as normas de sanidade animal durante o transporte , e que tamén está a ser obxecto de polémica e confusión no mundo da caza.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
02/02/2021
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos

LOBO / OSO / XABARIL
12/01/2021
Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

DEPORTE FEDERADO
20/11/2020
Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza