Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
#CURSOSFGC2017
Cheo en Pontevedra no Curso de Seguridade e Primeiros Auxilios
24/10/2017

O Curso de Seguridade no Monte e de Primeiros Auxilios, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra, celebrouse de maneira exitosa en Marcón (Pontevedra) o venres  20 do mes de outubro. Foron catro horas (de 19:00 a 23 h.) nas que se tocaron temas de tanta actualidade e importancia como as normas de seguridade no deporte venatorio e os primeiros auxilios en caso de accidente no monte. 

O presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Francisco Couselo e o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, foron os encargados de presentar, abrir e pechar o acto, recalcando a importancia da loita para que este deporte teña "risco 0", pedindo á vez que sexa  practicado con responsabilidade e civismo.

Os membros  da Garda Civil de Lugo e Pontevedra, Jaime Lage Pérez e  José Luís Villamil Hermida sinalaron a relevancia que ten o xefe das batidas na caza maior e que débeselle facer caso as súas instrucións e respectar as normas nas zonas de seguridade. Pola súa parte o membro do SEPRONA, Álvaro Lago Lusquiño , recalcou que "toda arma é perigosa pese ás medidas de seguridade" e a "importancia de custodiala como está regulamentado cando a levamos nos coches para evitar problemas". 

Respecto o marco legal, María Teresa González Justo, responsable xurídica da Federación Galega, realizou un percorrido polas infraccións e as súas consecuencias así como as leis de recente aplicación para que os cazadores saiban a que se expoñen o realizar malas prácticas e cal é a xurisdición que lles ampara. 

O SERGAS tamén contou coa presenza neste evento mediante a intervención das irmás  Díaz Hernández, Silvia e Mari que guiaron aos cazadores sobre as manobras a realizar en situacións de perigo, baseándose en tres piares: protexer, alertar e socorrer. 

Por último, tivo lugar unha mesa redonda na que se puideron resolver ás dubidas  dos asistentes. Clausura que levou  a cabo tamén o presidente da Federación Galega de Caza, Nogueira Diz.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza