Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
#CAZASOLIDARIA2017
A Federaci贸n Galega de Caza chama 谩s sociedades e cazadores galegos a actuar con solidariedade ante os lumes
27/10/2017

Ven de poñer en marcha dúas iniciativas: CazaSolidaria2017 e un Protocolo de Actuación ante os incendios forestais

Neste mes de outubro Galicia ven de sufrir unha das vagas de lumes máis nefastas dos últimos anos. Máis de 35.000 hectáreas de montes foron queimadas, especialmente afectando á provincia de Pontevedra, a máis poboada da nosa comunidade. Tristemente non só temos que lamentar a perda incalculable da riqueza natural dos nosos montes, senón tamén de danos materiais a bens privados de moita xente e mesmo o falecemento de persoas. 

Son moitas as actividades afectadas dun ou doutro xeito por este terrorismo ecolóxico e, por suposto, a caza é unha delas. Moitos cazadores galegos viron o seu Tecor asolagado polos lumes, polo que este ano non poderán practicar a súa máxima paixón, salvo que saian fora do seu coto, da súa comarca ou mesmo da súa provincia a cazar.

A Federación Galega de Caza, que ven levando a cabo unha campaña denominada “Compartir Caza” dende o ano 2006 -precisamente xurdindo coa última grande vaga de incendios na nosa comunidade- decidiu en Xunta Directiva e Comisión Delegada celebrada o pasado 23 de outubro reforzar esta iniciativa co programa “Caza Solidaria”, coa que pretende motivar este ano especialmente a tódalas sociedades de caza galegas a facilitar a cazadores non socios a posibilidade de cazar no seu Tecor esta tempada, ben mediante permisos diarios ou ben mediante permisos para toda a tempada.

Por iso, tanto se o seu Tecor foi dos afectados como se non, queremos que as sociedades de caza e os cazadores participen neste programa. No caso das sociedades cubrindo un formulario, facéndonos chegar a información referente a si o seu coto foi prexudicado por esta vaga de lumes ou ben se non o foi, de que maneira lle gustaría solidarizarse con aqueles que si foron.

Ademais da campaña de Caza Solidaria, a FGC, consciente de que a colaboración dos cazadores, que pasamos a meirande parte do ano no monte, pode ser determinante na prevención e defensa contra os incendios forestais, ven de facer un chamamento a todos os cazadores galegos e aos servizos de gardería dos Tecores a colaborar como vixiantes informadores nas tarefas de detección e disuasión dos incendios forestais, no desenvolvemento efectivo do convenio subscrito o 4-3-2013 coa Consellería do Medio Rural.

Con esta finalidade, a FGC elaborou un Protocolo de actuación ante os incendios forestais dirixido ás sociedades de caza, cazadores, e servizos de gardería, agardando que isto contribúa a un mellor entendemento entre os Distritos Forestais e as Sociedades de Cazadores, porque os cazadores somos os primeiros interesados en conservar e protexer o patrimonio natural, forestal, e cinexético de Galicia.

  • Chamar ao 085, ou poñerse en contacto con calquera oficina da FGC, cando se detecte lume ou posibles persoas sospeitosas.
  • Coordinarse cos Distritos Forestais para colaborar na planificación e execución dun plan de actuación para a prevención e defensa contra os incendios forestais.
  • Coordinarse cos Servizos de Extinción de Incendios para colaborar e apoiar as actuacións de loxística na extinción de incendios forestais.
  • Coordinarse cos Servizos de Extinción para colaborar nas labores de vixilancia posteriores aos lumes para evitar a reprodución dos mesmos.
  • As  colaboracións enumeradas nos apartados 2, 3 e 4 anteriores deberán realizarse a través das respectivas sociedades de cazadores.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

FECAP
10/06/2019
Intensa participaci贸n da FGC na VI edici贸n da FECAP

OS VEDADOS DO XABARIL
06/06/2019
A supresi贸n de 300.000 hect谩reas de vedados dos Tecores para a caza do xabaril

#AcazaTam茅nVota
26/04/2019
Primeiras valoraci贸ns da campa帽a 鈥淓 de caza que?鈥 da FGC ante os comicios nacionais

INFO FGC
24/04/2019
A FGC presenta as achegas ao Decreto da Carne de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza