Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CETRARÍA
Francisco González e Victor Manuel en Baixo Voo e Oscar López en Sky Trial foron os Campións Galegos en Ordes
31/10/2017

XVI Campionato Galego de Cetraría e VIII Copa Pequenas Aves

O pasado 27, 28 e 29 de outubro disputouse o XVI Campionato Galego de Cetraría no concello coruñés de Ordes, concretamente no Mesón do Vento. Un campionato organizado pola Federación Galega de Caza e a Asociación Galega de Cetrería, contando coa colaboración da Sociedade Deportiva “O Gatillo” e o concello de Ordes.

Baixo unhas condicións climáticas extraordinarias para a disputa deste tipo de probas o pasado sábado arrincaba unha edición máis do autonómico de cetrería. Un ceo totalmente despexado permitía ver con plena claridade o voo destas fermosas aves. Uns voos que non deixaron indiferente ao numeroso publico que se achegou ata o Mesón do Vento durante a fin de semana pasada. Harris, Falcóns e azores, perfectamente adestrados polos cetreiros inscritos, demostraron as súas calidades á hora de cazar en pleno voo.

Sky Trial

Na modalidade de Sky Trial ou altanería renovaba o título de Campión Galego Oscar López con 131 puntos, o subcampionato con 128 puntos recaía en Juan Barcala e o terceiro posto do podio era para Mª Dolores con 122 puntos.

Baixo Voo

Na modalidade de Baixo Voo a participación foi moito máis alta.

Na categoría de Azores o Campión Galego era Víctor Manuel con 68 puntos. José David Zumeta facíase co segundo posto da clasificación xeral con 58 puntos. A un punto do segundo clasificado, o bronce era para José Trastoy.

En Harris o campión era Francisco González con 53 puntos seguido en segunda posición por José Guizán Trastoy con 51 puntos. O terceiro posto era para o cetreiro Ignacio Orge García con 47 puntos.

VIII Copa Pequenas Aves

Na categoría de Pequenas Aves resultaba gañador Carlos Area con 99 puntos.  O segundo clasificado, con 91 puntos, era Pedro San Juan e xa en terceira posición finalizaba Víctor Manuel Pérez con 80 puntos.

Foron tres días de alta competición cetreira e na que se impartiron coñecementos relativos ao mundo da cetrería para todos aqueles cetreiros e non cetreiros chegados dende diferentes puntos da xeografía galega e fora de ela. Exposicións de aves rapaces, telemetría, etc fixo que Ordes fora o epicentro da cetrería durante a pasada fin de semana. A entrega de premios, na que estiveron presentes diferentes autoridades, puxo o punto e final a este autonómico.  

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza