30 de novembro de -0001
SEGUNDO A LEI DO DEPORTE

So a Federación Galega de Caza pode emitir licenzas federativas de caza en Galicia

A Federación Galega de Caza (FGC) desexa recordar que, de acordo co artigo 32.4 da Ley 10/1990, de 15 de octubre, del Deporte, é a única entidade facultada para a emisión de licenzas federativas de caza de carácter autonómico e nacional válidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Polo tanto, todas aquelas licenzas federativas emitidas a cazadores galegos por outras entidades alleas á FGC carecen absolutamente de calquera validez. Así o recolle o certificado emitido pola Real Federación Española de Caza.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.