12 de xaneiro de 2018
TRÁMITES

Rexistro de canceiras e comunicación de tenza de cans coa nova Lei de Protección Animal

O pasado 11 de xaneiro entraba en vigor a Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compa��a en Galicia, que regula entre outras

O pasado 11 de xaneiro entraba en vigor a Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, que regula entre outras moitas cuestións, os requisitos a cumprir en relación á tenza de cans no domicilio.

Con esta entrada, a Consellería de Medio Ambiente ven de actualizar os documentos (xa existentes coa anterior lexislación) para a comunicación da tenza de cans e o rexistro de canceiras, así como algúns dos seus requisitos. 

Os trámites a realizar dependerán do número de cans que cada cazador teña no seu domicilio:

  • Ata 5 cans: non é obrigatorio ningún trámite.

  • Máis de 5 cans pero menos de 15: cubrir e presentar impreso de comunicación de tenza de máis de 5 cans maiores de tres meses, que inclúe na propia solicitude unha memoria descritiva do centro ou establecemento e a finalidade do mesmo. Recomendámoslle neste caso que conserve unha copia da súa presentación no rexistro correspondente, dado que ao tratarse dunha mera comunicación non recibirá resposta nin acuse de recibo por parte da administración.

  • 15 ou máis cans: é necesario o rexistro como canceira deportiva no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (REGANUZ), que debe ir acompañada dunha memoria descritiva do centro ou establecemento e a finalidade do mesmo, un proxecto técnico (firmado por un arquitecto / enxeñeiro técnico) e un informe firmado por un veterinario, tal como se recolle neste documento.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.