30 de novembro de -0001
II MEMORIAL MARCIAL RAMIL

“Azor” de Eloy Rodríguez obtivo a mellor calificación en Frades

A pasada fin de semana, 10 e 11 de marzo, tiña lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores de Frades – A Coruña, un Campionato de Cans de Parada da Federación Galega de Caza en A Coruña. Unha proba de Caza Práctica con CACT da RSCE e puntuable para a Copa Galicia.

Destacar a participación de 10 cans na xornada do sábado e 11 na do domingo, duas intensas xornadas para desfrutar da caza e sobre todo dos cans de mostra.

Na participación do sábado as razas Británicas acadaron as seguintes cualificacións: O setter inglés macho de nome “Galice de la Fuougere Aigle” conducido por Belisario Bertoa Suárez obtiña unha cualificación de 1º MB. Cun 2º MB remataba o setter inglés “Berta de Vilar de Domas” conducido por José María Carnota Ríos. E xa cun 3º MB finalizaba o tamén setter inglés  “Mayor de Bosende” propiedade de Pedro Nieto González. 

E xa o domingo tan so o setter inglés macho “Azor” propiedade de Eloy Rodríguez Martínez obtivo unha cualificación de 1º EXC.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.