Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
O 15 DE ABRIL
Miles de cazadores mobilizaranse este domingo en 40 capitais de provincia en defensa da caza
09/04/2018

Miles de cazadores mobilizaranse este domingo, 15 de abril, en 40 capitais de provincia de toda España para celebrar concentracións convocadas pola Real Federación Española de Caza e as federacións autonómicas de caza para defender a caza como modo de vida e para esixir que se poña fin á escalada de insultos, agresións e ataques que sofre o colectivo por parte de animalistas e ecoloxistas coa conivencia das administracións públicas. 

Cidades como Madrid, Barcelona, Sevilla, Santiago de Compostela ou Mérida, entre outras moitas capitais de provincia, acollerán concentracións que terán lugar, de forma simultánea, ás 12:00 horas en corenta cidades españolas, onde xa confirmaron a súa presenza gran número de afeccionados e simpatizantes procedentes de todas as provincias, baixo o lema “Si á caza, a nosa forma de vida”

Esta mobilización contará, ademais, co apoio e presenza dos principais colectivos e órganos de representación do mundo rural. Non en balde, son moitas as asociacións agrarias e gandeiras, do mundo da pesca deportiva, ou doutras actividades vinculadas ao mundo rural e as súas tradicións as que xa confirmaron a súa presenza nas capitais de provincia de distintas comunidades autónomas para reivindicar o papel fundamental da caza na conservación e a dinamización socioeconómica do mundo rural. 

“Non só é a caza, somos todos os afectados do mundo rural, unidos, os que sairemos á rúa para esixir respecto ás nosas afeccións, ás nosas tradicións, aos nosos valores, á nosa forma de vida”, sinalou o presidente da Real Federación Española de Caza, Ángel López Maraver. 

“Imos esixir respecto á caza e aos cazadores, e a demostrar que somos un colectivo unido e activo que defende unha actividade que protexe a conservación, estimula o desenvolvemento rural e xera riqueza”, recalcou o presidente da RFEC, quen igualmente indicou que na concentración demandarase ás administracións públicas “máis sensibilidade e proximidade cos problemas e necesidades da caza” e reivindicarase “ante a sociedade o noso dereito para practicar unha caza ética e sustentable”

Puntos confirmados onde se celebrarán concentracións:

  • Andalucía. Almería: Rambla de Almería; Cádiz: Plaza de Asdrúbal; Córdoba: Plaza de las Tendillas; Granada: Fuente de las Batallas; Huelva: Plaza del Carmen; Jaén: Parque Plaza de las Batallas; Málaga: Plaza de la Marina; Sevilla: Muelle de la Sal (junto al río Guadalquivir).
  • Baleares. Mallorca: Plaza España de Palma; Menorca: Recinto Ferial de Es Mercadal; Ibiza: Finca Es Coll des Jundal – Sant Josep.
  • Canarias. Santa Cruz de Tenerife: Plaza de España; Las Palmas de Gran Canaria: Plaza de la Fuente Luminosa.
  • Cantabria. Santander: Plaza del Ayuntamiento.
  • Castilla-La Mancha. Albacete: puerta principal del Parque de Abelardo Sánchez, plaza Gabriel Lodares; Ciudad Real: Plaza Cervantes (frente a la Subdelegación del Gobierno); Guadalajara: Plaza del Infantado (junto al Palacio del Infantado); Toledo: Plaza del Ayuntamiento; Cuenca: Plaza de España.
  • Castilla y León. Ávila: Plaza Santa Ana (junto a Medio Ambiente). Burgos: Paseo de la Sierra de Atapuerca (Frente Museo Evolución Humana); León: Plaza San Marcelo (Frente Casa Botines); Palencia: Plaza Mayor; Salamanca: Plaza Mayor; Segovia: junto con Ávila (Plaza de Santa Ana – Ávila); Soria: Plaza de San Esteban; Valladolid: Plaza Mayor; Zamora: Plaza de la Marina
  • Cataluña. Barcelona: Parc Ciutadella s/n. Davant del Parlament de Catalunya. A las 10:00 horas.
  • Ciudad Autónoma de Ceuta (por confirmar el lugar exacto)
  • Comunidad de Madrid. Madrid: Plaza de la Cibeles (frente al Palacio de Comunicaciones, sede del Ayuntamiento de Madrid)
  • Comunidad Valenciana. Celebrará una macromanifestación el 26 mayo en Valencia.
  • Extremadura. Mérida: Plaza de España.
  • Galicia. Santiago de Compostela: Rúa do Horreo (delante del Parlamento).
  • La Rioja. Logroño: Plaza del Mercado.
  • Región de Murcia. Murcia: Plaza Circular.
  • Navarra. Pamplona: Avd. Carlos III, a la altura del Monumento al Encierro.
  • País Vasco. Bilbao: Plaza del Arriaga; San Sebastián: Plaza Easo.
  • Principado de Asturias. Oviedo: Plaza de la Escandalera.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza