30 de abril de 2018
RASTRO XABARIL SALVAXE

O monteiro Luis Mantiñan con “Loco” gañador en Monfero

O pasado 28 de abril disputouse por primeira vez unha Proba de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe baixo a organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e coa inestimable colaboración das Sociedades de Caza dos Tecores de “Nosa Sra. Da Cela” e “Xestoso” de Monfero.

A proba, que contou cunha alta participación, acudiron 32 monteiros que se dividiron en 4 campos, foi valorada moi positivamente habendo moi bos rastros e organización.

Á final pasaron 5 monteiros, o campión de cada campo máis Hugo Caruncho Martínez, monteiro de 7 anos, acompañado do seu can mestizo de nome “Tori” de 8 meses de idade. 

A final foi moi complexa e difícil, na que os cans se tiveron que empregar a fondo, sendo moi boas as prestacións dos 5 finalistas.

Foi o cazador Luis Mantiñan co seu can de nome “Loco” o que obtivo o primeiro posto con 270 puntos. Con 260 puntos en segunda posición remataba Francisco José Lamelas co can “Suki”. A cadela “Furia” conducida por Sergio Prol Arcos obtivo a terceira posición con 200 puntos.

Esta primeira proba foi todo un éxito de participación e organización e da o primeiro paso a vindeiras edicións.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.