Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
BO NIVEL
I Proba sobre Xabaril Salvaxe en A Rúa
02/05/2018

O pasado 22 de abril tiña lugar nos terreos do Tecor de A Rúa, a primeira proba sobre xabaril salvaxe na provincia de Ourense. Unha proba organizada pola Sociedade de Cazadores de dito Tecor e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en Ourense.

Esta primeira edición foi un encontro de monteiros, nos que se desfrutou do bo facer de cans e cazadores a hora de rastrexar o porco bravo. O alto nivel quedou reflexado nas cualificacións dos seguintes cans que amosamos a continuación:

  • Juan Fernández Vecino: con Ole de Soñar calificación de EXCELENTE (160)
  • Eduardo Casal Vázquez: con Luki cualificación de EXCELENTE (158)
  • Salvador Sestelo Núñez: con Piloto cualificación de EXCELENTE (156)
  • Enmanuel Fernández Varela: con Zulu de Soñar cualificación de EXCELENTE(154)
  • Juan Fernández Vecino: con Ofi de Soñar cualificación de EXCELENTE (154)
  • José M. González Misa: con Croqueto cualificación de MUY BUENO (149)
  • Jacobo Rodríguez Estévez: con Farruco cualificación de MUY BUENO (127)
  • Manuel Fernández Vecino: con Alf de Soñar cualificación de MUY BUENO (125)

Desta cualificación fíxose unha mención especial aos tres primeiros excelentes, “Ole de Soñar” de Juan Vecino, por querer desenvolver un rastro que fora descartado pola organización pola súa dureza, e este can desenvolveuno á perfección sen perdidas e gran voz. Outra mención para “Luki” de Eduardo Casal, este can defendeu o rastro duns xabarís nun desbrozado cunha facilidade de seguimento excepcional. E por último “Piloto” de Salvador Sestelo, can novo que fixo un magnífico corte e un rápido seguimento.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza