Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMPAK SPORTING OURENSE
Eliseo Faraldo proclámase Campión Provincial mentres Daniel Cebreiro gaña a proba
07/05/2018

Vinte un  participantes tomaban parte o pasado día 6 de maio no Campionato Provincial ourensá de Compak Sporting celebrado baixo a disciplina e organización da Federación Galega de Caza de Ourense en combinación  cosa Sociedade de Tiro “A Goberna” de Beariz, que colaborou moi activamente nun torneo que se disputou envolvido nunha deportividade e camaradería exemplar.

De xuíces actuaron os titulares Rubén Martínez e Moisés Balboa. O exercicio desenvolveuse a 100 pratos, en dúas canchas e entre as 9 da mañá e as tres da tarde, sendo o nivel bastante bo e o  ambiente moi deportivo. Estes foron os resultados:

Clasificación xeral

  • 1º, Daniel Cebreiro / Coruña. 87 puntos
  • 2º, Roberto Rodríguez  Fernández. / Pontevedra, con 87

MELLORES DE OURENSE

  • 1º e campión, Eliseo Faraldo con 79+24 pratos rachados.
  • 2º e subcampión, José Manuel Fortes Lamas, con 79+23 dianas
  • 3º, José Luís Saavedra, con 79+15 acertos.

Damas

  • Mª de las Mercedes gañou en “Damas”, con 73 puntos

Xuvenís

  • Lucas Otero Álvarez, con 56 pratos rachados.

Veteranos

  • 1º, Antonio Castro Ferreiro, con 80 pratos
  • 2º, Eliseo Faraldo Fernández, con 79
  • 3º, José Manuel Fortes Lamas, tamén con 79 puntos.

Una ver rematada a tirada e no mesmo escenario competitivo procedeuse a entrega de trofeos e á clausura do Campionato contando coa presenza do Concelleiro de Beariz,  José Balboa, así como a do Presidente, Antonio García e o tesoureiro, José Castro Rivela, da Federación Galega de Caza en Ourense. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CPTO. ESPAÑA CANS DE MOSTRA
2025-10-14
O setter “Zafir de Piago” do galego René Vale converteuse no Campión de España de Cans de Mostra Británicos e por equipos Galicia acadou o subcampionato nacional

NACIONAL DE SAN HUBERTO
2025-09-29
A galega Nuria Varela campiona feminina da Copa España de San Huberto

AUTONÓMICO DE COELLO
2025-09-28
Os beagles do coruñés José Javier Suárez acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE COELLO
2025-09-22
O lote propiedade de Arosa Dasilva proclamouse campión provincial na Lama


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza